Tentaria poñer ó día novas sobre este intento de que a vontade dun pobo non sexa sacrificada polos intereses duns poucos. O espazo pola costa, a carón do casco urbano de Cangas, aínda sen urbanizar, é Massó.
Enlace a con artigo que describe a actuación de Clara Millán respecto a Massó
A autoridade porturaria de Vigo decide, co acordo do PP de Cangas que aí van portos deportivos, vivendas a carón do mar, diques e centros comerciais, mesmo se Cangas é claramente deficiente en infraestruturas viarias, equipamentos públicos e mesmo saneamento. Seguro que o próximo será facilitarlles o acceso aos novos “cangueses” cun vial que lles evite atascos expropiando casas pola Pedra Alta, Balea, Darbo, San Roque, Cima de Vila: preparádevos a sacrificarvos polo progreso do yate e chalé entusiastas da urbanización de Massó.
O problema non é o que se fai con Massó senón como se fai: ten que ser co acordo do pobo. Non me vale que sexan os mariñeiros, reunidos con alcaldesa e promotora os que negocien como facer menos dano á pesca ou ao medio. Massó e moito máis que bancos marisqueiros e o futuro de Cangas non se negocia con empresas privadas nin confrarías, o futuro de Cangas ten que ser noso.
Agosto 26, 2009 at 23:39
¡¡¡¡¡¡¡¡¡LUME NO SALGHEIROOOONNNN!!!!!!!!!!!!
Agosto 27, 2009 at 16:31
LUUUUUUUUUME XA. Se pacíficamente non se pode, sempre hai formas máis convincentes.