Fun a un concerto de jazz. Non son nada refinado en música, a miña capacidade de creación ou reprodución harmonizada nunca existiu, o meu coñecemento de variedade musical resulta bastante escasa e o meu oído un desastre.
Supoñíase que era música complexa e de gran calidade pero eu, e moitos outros, disfrutámolo moito sen cultura ningunha. Tiña a sensación de que lía a miña primeira novela sen ilustracións, polo de que ninguén cantaba. Recordaba cando, de pequeno, comecei a ler e os libros viñan con ilustracións cada poucas páxinas. Fun evolucionando e, chegado a un momento, non se botaba en falta ilustración ningunha.
Cando era pequeno lía libros de aventuras adolescente como Os Cinco ou Os Hollyster. Co tempo pasei a libros de espías e aventuras que me recomendaba meu pai. Máis adiante accedín a outros prescriptores como profesores e amigos e agora búscome a vida principalmente con clásicos. Existe unha evolución máis ou menos repetible en bastante xente. Pero na música non.
No da literatura infantil houbo outras xeracións con recursos análogos como o pequeno Nicolás e outros. Pero un día chegou Harry Potter. Está ben Harry Potter para iniciar na lectura pero a “industria cultural” cheira os cartos e mete as súas sucias gadoupas. Resulta que invade os medios de marketing que satura a nosa capacidade eclipsando o resto de canais. Manipula os nosos sentimentos buscando tocar fibras sensibles que nos atraian ao seu produto infantil manipulado. E resulta que xente de máis de trinta anos está consumindo Harry Potter, e calquera couso máis complexa resúltalle incomprensible.
Este proceso de saturación do mercado con produtos mediocres para grandes públicos escasamente culturizados está moitísimo máis desenvolto no cine e na música que na literatura.
Por iso debemos descargar gratis todo canto nos pete. Porque deixarán de gañar cartos e destruiremos o seu aparello de anular a capacidade de desenvolver autónomamente ningún tipo de cultura.
Ao final acabaremos indo a concertos ou ao teatro e os verdadeiros artistas vivirán, modestamente, pero orgullosos de crear o que realmente queren.

Eu digo que facer descargas ilegais está ben.
Habitualmente arguméntase o dano que se fai aos autores. Que non terán de que vivir, ou máis ben forrarse. Que o feito de poderse facer algo (descargar) non implica que debe permitirse (que está ben), que sería o mesmo que se permitimos na rúa roubar todo aquelo que non estea vixiado ou que se aceptase agredir a quen sexa débil ou estea indefenso.
Todo isto parte da suposición de que as creacións de música, literatura, cine, etc son intrinsecamente beneficiosas e por tanto deban defenderse. Supoñen deben existir esas creacións polo noso ben e por tanto requiren unha protección especial. É máis, aínda que non teñan proteccións especial, gozan do carácter de bens, de consumibles, de intercambiables, de vendibles e por tanto son parte dun mercado ao que temos dereito a telos á nosa disposición, e o perxuízo a estes autores/industrias limitará finalmente ese dereito de acceso porque freará a creación.
Non estou de acordo con esas afirmacións. Na miña opinión é necesario, urxente e curativo o inmediato apoio de que as creacións culturais deben ser de libre e gratuíto intercambio.
Algúns sociólogos da escola de Francfurt, a principios de século, sinalaron que a posibilidade da reprodución industrial das obras non era cultura e ademais matarían a cultura. A reprodución, copia, almacenamento e comercio eran aberracións contra o sentido da cultura. Estaban no certo e ademais na actualidade, coa decadencia máis radical da cultura, xenerouse unha tamén unha radical falta de respeto cara todos eses mercaderes da creación. Por iso descargamos sen pudor.
Se eu son un creador e teño algo que achegar porque son un xenio, fareino, déame ou non cartos. Simplemente porque en caso contrario, se enriquecerme fose a motivación, non sería un artista. Se creo por cartos e deixo de gañar cartos, abandonarei esa importante labor: así morras na miseria, porco engreído e manipulador! O único que fas é copiar e desprestixiar aos que realmente crearon o que ti só manipulas! Ti, co teu márketin avasallador estás afundindo nunha montaña de merda a verdadeira cultura e non nola deixas apreciar! Ti desprestixias de lixas anulando calquera capacidade de criterio para distinguir o auténtico do burdo plaxio comercial!
Se ao descargar merda masiva gratuíta, os mercaderes de produtos seudoculturais buscan outros negocios poderemos despexar o camiño do interminable torrente de veleno que se confunde con cultura.
Realmente fan falta eses millón para facer unha peli? fai falta esa promoción para demostrar que un músico e bo? fai falta vender millón de libros para ser escritor?
Os ídolos culturais non teñen que ser pijos acaudalados paseándose por programas e galas. Poden ser modestos e inquedos currantes que se arriscan con todo o que fan.
Viva internet e as descargas gratuítas. Viva a operación hixiénica que nos permitirá facer se deixan de meter a pezuña os políticos vendidos a industrias culturais e homoxeneizadores. A descarga gratuíta arruína industrias e farsantes. Fará que só a cultura sobreviva. Que se dediquen á especulación inmobiliaria, ao cotilleo televisivo ou a opositar.
Estamos ante un momento esencial. Internet pode facer revivir a cultura. A difusión é fácil, o farsante desaparece, o receptor elixe, comparte e valora.
Que vivan as descargas gratuítas, ostiaaaaa!

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 202 segidores