O blog nace nun excepcional día de verán en que o ceo gris do Morrazo saúdanos cos fecundos cairos pra bendicir e reafirmar que Cangas é moito máis que pisos para ricos que se queren apropiar da costa, portos deportivos para caciques que só repectan os seus propios cartos e centros comercias para multinacionais malpagantes de guapiñas de cara ás que botarán cando xa non se identifiquen coa sua presa-cliente modelo.

Eu non hei traballar de vixiante de seguridade para que os cangueses non ousemos atravesar a rúas dos ricos, nin hei servir marisco ao especulador que non diferencia un piñeiro manso dun común, non hei contribuir á ruina do pequeno comercio nin ao fracaso da recuperación do casco vello que tamén provocaría. Se non queres Cangas tal como é, non veñas. Se o queres así respétao.

Pensaron que o frío valado que agachaba as súas vergonzas non ía ser derrubado. Así o pobo non sabería que lle sacaban o corazón aínda latexante. Mais uns poucos levantáronse do chan ao que foran guindados con desprezo no día anterior e saíron dos escuros calabozos para facernos ver como as uñas metálicas das escavadoras xa profundaban na carne deixando derramarse o sangue mariñeiro que fecunda e da bravura ó Morrazo

IMG_2631

Advertisements