P1000498
Resulta que Corina Porro dixo que non. Unha soa verba, tal foi a falta de respeto que non creeu preciso sequera dar razóns. Porque que se a maoiría dun pobo votou aos que dixeron que pararían iso, se a maioría do pobo non quere limpar casas e servir comidas a ricos e especuladores, se a maioría dun pobo creo que a ría merece un respecto…. todo iso non precisa unha soa explicación. Fágoo porque podo, e o fago á forza.

Se o voto non pode parar a desfeita de Massó a democracia está podre ou quizais nen sequera existe, que nos queda por facer. Eu tamén me tomarei a liberdade de facer as cousas porque podo. O pobo unido pode facer máis cousas das que cremos porque unha caixa, unha empresa, unha autoridade portuaria son grandes e abstractas pero as persoas non o son. É hora de tomarnos a liberdade de pensar nas persoas.

Un espigón de 700 metros non vai perxudicar a Cangas senón que altera as correntes de toda a ría. Algunha vez preguntástesvos por que as praias dun lado da ría están máis quentes que a do outro? Por qué hai bos e malos bancos de Marisco? Porqué a area non se vai das praias de aquí pero vanse de entornos moi alterados como o da Coruña ou no Mediterráneo? Credes que se che gusta un lugar vas instalarte nel aínda que iso supoña fodelo? A alguén lle importa realmente o traballo nunha provincia con enorme déficit de terreo industrial? Credes que é mellor servir aos novos ricos que se instalarán na costa de Massó?

Endexamais seremos cans servís dos novos señores feudais que executan o seu poder ilimitado entrando no máis íntimo da nosa historia e no máis querido do noso presente para facer delo un triste paquete de colores pronto aburrirá ao neniño mimado na busca de novas vírxenes que abordar.

Advertisements