A misteriosa desaparición da Pedra da Pena segue a supór un reto para os investigadores que, vindo de máis aló do val de Ameixoada, non son quen de atopar causa, método e fin obxectivo de tan ousada acción.
Seguramente a clave pode estar nas cualidades que lle son propias á Pedra da Pena, que sendo reais ou imaxinarias poidan xerar na imaxinación dalgúns bándalos a idea de que a Pedra da Pena lles ha ser beneficiosa. A continuación recollo unha historia sobre a Pedra da Pena que achega importantes pistas dos posibles usos e responsables de tan temeraria sustración. Está recollida a partires dun artigo de La Voz de Galicia do ano 2003.

“Según una testimuña recollida polo mestre Pedro Díaz fai uns vinte anos, os vellos da parroquia canguesa de Coiro subían ata a Pedra da Pena na noite de San Xoán. Levaban unha tela de liño, branca e limpa, que extendían debaixo da «porta» da Pena para recoller a semente do fento. Cando daban as doce, mentras caía a semente no pano, abríase a pedra a salía un cabalo branco botando fogo pola boca, seguido dun tropel de equinos.
De seguido, pechábase a pedra e só quedaba no ar o fedor dos cabalos.”

Non sabemos o tempo que pasou dende a última vez en que tal rito foi realizado nin as nefasas consecuencias que isto puido achegar para a pedra ou as propias xentes de Coiro. Non sabemos mesmo se a propia vía rápida fendeu algunha pedra que era continuación da Pedra da Pena e agora os cabalos están arrasando en tropel Cangas ou a mesma Corina Porro os ten preparados para pasar por riba dos manifestantes de Massó: estade atentos e informarnos, por favor, se fósedes testemuñas dalgún fenómenos que puidese estar relacionado. Dende aquí seguiremos coas pescudas.

Advertisements