IMG_2780Xa pasou un par de días dende que 5.000 persoas se reunisen para percorrer todo Cangas amosando que o pobo está en contra de que lle impoñan un modelo de desenvolvemento sobre Massó. Xa tiven tempo para discutir ao respecto, sobre todo con dúas persoas que comparten un profundo pesimismo e difiren na solución: fatalismo ou sinarquía. Veñen sendo MM e meu pai.
Meu pai opina que non podemos facer nada por evitalo que ocupen e fagan o que queiran de Massó, que han acabar impoñéndose os intereses mercantilistas e de Vigo (e Madrid): que fai que só sirvamos de parque temático para adaptarnos, entreter e acoller aos señoritos adaptando o noso modelo de desenvolvemento aos seus gustos.
MM propón actuar contundente contra as persoas que nos están a facer dano e os que están ás súas ordes: nós somos os dannificados e calquera resposta ha ser pequena comparándoa con que nos rouben o lugar de maior valor económico, social e histórico do nos pequeno anaco de terra.
Eu penso que é preciso replantexar a mensaxe que se está a transmitir porque así poderase mobilizar a case todo o pobo, fronte ao cal non hai forza que poida oporse.
Na manifa falaron do mar, dos mariscadores, da natureza e da especulación. Non me gustou. Eu estaba alí porque estaba a usurpársenos o dereito de decidir o futuro de Massó. Non creo que defender a pesca senón defender a vontade do pobo da Cangas. Mesmo se estivese de acordo co que se está a facer, debería estar alí, ou sería un hipócrita. O pobo deu o seu apoio aos grupos políticos que dixeron que o ían parar. Se non poden parala non poden representar ao pobo polo que este vaise representar a si mesmo executando as accións precisas: botar do medio aos que ocupan a nosa terra.
O FUTURO DE MASSÓ NON SE DECIDE EN VIGO. Cangas non é o parque temático de Vigo. Se imos desfacer Massó terá que ser vendo de acadar o noso beneficios con equipamentos públicos ou industria ou minimizar o dano á ría pero sobre todo DECIDÍMOLO NÓS.
Estamos fartos de ver como dende Vigo, os lamecús e representantes dun partido estatal sacrifican o benestar e hipotecan o futuro de CANGAS para quedar ben cos seus amigotes para que lles fagan traxes a medida ou poidan ser deputados en MADRID. Cando vemos que eses seres despreciables que nunca amosaron ningún interese pola vontade do pobo decidir sobre a nosa terra só é cando nós debemos conter o noso odio actuar con gran cautela.
Debemos ser cautelosos para que estean tranquilos na súa gran montaña de merda. Nos estaremos facendo un gran buraco para enchelo de bosta para guindalos e así ver como eses traidores prepotentes afogan na inmundicia mentres lles cuspimos e lles botamos aos seus fillos,sastres, empregados do partido, dos sindicatos, funcionarios, e xornalistas para que xuntos nunha gran orxía coprofáxica rematen os seus días empachados coa merda coa que crearon a montaña sobre o que foron trepando ata chegar a ser os Caciques Merdentos.