Acendemaos os televisores e vexamos novamente “Callejeros” para sentirnos máis afastados do extraño mundo dos pobres, yonkis, ignorantes e desarraigados. Con canto máis cariño vexamos ese programa pasaremos con máis desprezo polos yonkis do noso barrio despois de todo xa tivemos a nosa sesión de compasión ante o televisor e non nos sentiremos culpable co noxo, rexeitamento, discriminación e exclusión.
Os reporteros xa non teñen que ir a África a buscar tribus raras porque, señores, isto digno de sair na tele porque é alleo a nós??????? está lonxe túa???? Gracias Cuatro por traer á miña casa ese extraño mundo.
Xa non me fai falta saír á rúa, co medo que da, son un gran coñecedor da vida sen arriscar nada gracias a callejeros. Vivín unha experiencia moi profunda ao comprender o sufrimento desas pobres xentes. Xa son bo e comprensivo porque me emociono cada fin de semán diante da tele.

Advertisements