Este domingo ás 6 mañán quedamos case 20 chalados para ir disfrutar de máis de 90 quilómetros cruzando media Galicia para chegar a Santiago.
Saímos con dous de menos por detrás por exceso de horas na cama, que fixeron un bo esforzo para atraparnos en Pontevedra mentres por diante, sen luces nin sentido ningún fóronse Paco e Alberto, que esperaron por nós en Pontevedra.
O paso polo centro da capital ás 7.30 foi apoteósico: centos de seareiros aclamábannos ao paso, algúns mesmo caían ao chan pola emoción do noso paso. Rapazas a catro patas, xente ofrecéndonos drogas para doparnos, coreando a Contador, a Indurain e aplaudindo ao noso paso motivados en parte polos excesos das festas da Peregrina. Algún dubidou cando dende unha ventana unha “señorita” solicitaba a nosa compaña escaleiras arriba pero xa sabedes: o primeiro é o primeiro.
A primeira parada importante é, como somos finos, nunha pastelería-cafetería onde alguén, vendo os pastelitos (non sei se ás camareras ou o resto de dulces) dixo: “o paraíso existe”. Bromas de Paco ao ofrecer churro para todos e o que lle inspira “Pasarón” para que despois Manuel deixase lastre saíndo coa cara de felicidade da terceira foto.
A ruta continúa por pistas fáciles e case sempre asfaltadas cunha única avería: unha gran sorte.
Descubrimos unha nova forma de comunicarnos: Manuel comezou a berrar unha especie de EEEEEEEEEEeeeeeuuuueeeee, que viña sendo respondido con linguaxe similar para poder medir a distancia do primeiro ao último e avaliar a necesidade de reagruparse. De Pontevedra a Santiago peregrinos dos tacinco continentes saudáronnos e coñeceron ese particular berro Cangués que non servía para comunicarnos.
A caída de Diego é difícil de describir. Tedes tres fotos para interpretalo. Baixada por pista con grava solta na que se atopa unha curva en que comeza a subir: Diego e máis a bici acaba do outro lado do balado. Deberon facer un espectacular e limpo salto que rematou nas veigas sen practicamente ningún rascazo.
Houbo quen interactuou tamén cos propios habitantes da zona. Cando estaba este personaje do que non direi o nome (un pouco de discreción) pero ten bigote aliviándose aparece unha condutora á que sauda con:
– Tengo la más bonita del grupo.
Que barbaridad! (seguimos sen saber se estaba a referirse ao comentario ou ao aparello en si)
Ritmo suave e poucas paradas para cruzar algún lugares preciosos. Case sempre suave e á sombra, por pistas anchas. Especialmente bonitos foron os tramos baixos as parras das vides.
Os últimos quilómetros discorrían coa satisfacción de que sabíamos que cumpliríamos o horario e de conseguir ir xuntos todo o rato para así poder discutir continuamente sobre o ritmo adecuado.
Chegamos perfectamente agrupados completando os 95km para reunirnos co noso salvador Doneciño, coa furgoneta, tiquets de tren e restaurante reservado. Foi o noso apóstol particular. Tamén estaba estherS que se adicou a darlle mimos ao seu respectivo.
A comida abundante e sabrosa cunha camarera moi simpática. Tarta-donut de cumpreanos para Cabuxo, grazas por invitar ao desalluno, e pa casa.
Só unha crítica: sodes unha panda de cotorras, parecedes peixeiras que non calades nin debaixo da auga e non me deixastes durmir no tren. CABRÓNS.
Resumen: maravilloso día de bici e amigos.

Advertisements