entrerrias
Este mércores, a longa mañán de aire viciado na claustrofóbica oficina quedou esquecida ao dar paso ao tórrido da tarde de varán, un aire pegañento que o movemento da bici a penas podía disimular.
Collo a bici para cruzar o inferno gris vigués ás catro da tarde para comezar a percorrer a ruta da auga, unha das rutas máis sorprendentes de Galicia. Ao xeito das antigas levadas de auga, a ruta vai seguindo a zona alta da montaña salvando obstáculos por un camiño completamente chan. Neste caso trátase dunha pista ancha e fea, sen alicientes naturais pero que permite asomarse, de cando en vez, a vistas espectaculares da ría.
A ría dende a ruta da Auga
Tras dez quilómetros de monótono pisteo adentreime no mesto bosque eucaliptado para nunha baixada vertixinosa chegar, en pouco tempo, á vila de Redondela. Dende aquí prosíguese polo camiño portugués. Nesta parte da ruta hai que considerar que o empeño por cruzar as vilas, a superpoboación das rías baixas e a falta de fragas ou vexetación autóctona fai que o camiño portugués xere unha sensación agridoce. Crúzanse carreteriñas apenas transitadas. Nas partes menos habitadas as casas son enormes mamotretos completados con retais de bloques e uralitas mentres que nas zonas urbanas e vellas son as consérvase un estilo antigo-renovado apenas disimuladamente tradicional. Pódese subliñar aquí a espectacular ponte e contorno de Ponte Sampaio.
Pontesampaio
Aquí a ruta comeza a ser máis galega: rompepernas, con piñeiros, leiras e carreiros. Tras un trozo de estrada desvíome á esquerda en Arcade para atoparme, con gran sorpresa, un fácil camiño costeiro que me levará, rodeando o fondo da ría, ata Vilaboa, lugar no que se cambia a orientación da marcha xa que o percorrido adéntrase na cara norte da ría de Vigo, hai que ir cara o Oeste buscando Cangas.
Ría de Vigo en Vilaboa
Aquí comezamos unha longa subida serpenteando entre casas primeiro, entre eucaliptos despois que levará, case sempre por asfalto, ata o célebre lago de Castiñeiras. Infinidade de turistas aproveitan o frescor da zona para (deixar) pasar un cálido día de verán mentres eu apenas paro a tomar un zumo disfrutando de ter cumplido de sobras o meu horario e expectativas sobre o camiño. Lago de Castiñeiras
Continúa a aventura xa por terras para min coñecidas. Tras saír do Lago non busco a ruta máis fácil senón que me empeño e poñer a proba a miña resistencia percorrendo as pistas que, por riba de Domaio, acabarán levándome ás antenas para baixar despois cara Chan de Arquiña. Aquí a fonte de fresquísima auga e a impresionante mámoa no medio do souto que conforma esta área de lecer invita a tomar o último respiro antes de continuar a veloz baixada cara Cangas.
Mámoa de Chan de Arquiña
As pistas vanme levando ata Cruz de Maceira e depois aos montes de Hermelo e Paralaia. Decido subir o Paralaia para que unha longa baixada me leve, tras 5 horas e pico, e 65 quilómetros de bici de montaña de alta calidade, acabar no centro de Cangas con tempo de aproveitar a agora si excelente temperatura para disfrutar nunha terraza mentres a escuridade vai pechando unha inesquecible tarde entrerrias, tomándolle a medida á ría de Vigo.
perfil entrerrias

Advertisements