Cangas está cheo de turistas.
O exótico doi Morrazo, como en “callejeros” é visitar un lugar en que te poidas seguir seguro pero pero o nivel de atraso, pobreza e irracionalidade faino orixinal e sorprendente. As aldeas, a xente mariñeira, as leiras e o monte son o que máis lle gusta ao turista. Se o prezo de ter turistas é que haxa conservar o nivel pobreza será mellor que aspiremos a que algún día non veña ningún foráneo ao noso pobo.
O máis sorprendente e atraente das nosas praias é que a maioría non está rodeada de apartamentos, restaurantes, empresas de material de surf ou paseos marítimos. Isto fai que milleiros de vigueses atasquen a diario as nosas estradas e milleiros de meseteiros aluguen ou compren as nosas parcelas e apartamentos por pequenos e cutres que sexan.
Cada día os cangueses presumimos de areais espectaculares que en realidade non nos gustan porque están tan ateigados de familias e pijos turistas que apenas son visitables para nós. Se queremos botar á escoira que só busca ocio gratis e que ademais arreglen as nosas infraestuturas ao seu xeito teremos que asumir que é preciso renunciar a algo.
Se é máis importante que os turistas non teñan atascos para ir á praia (desdoblamento da vía rápida) ca o transporte público para traballar en Vigo, se é máis importante ter bandeiras azuis que o traballo, se son máis importante os portos deportivos que os espazos públicos; entón a min dame igual vivir en Cangas que en calquera outro lugar.
Se ter bonitas praias é unha condena prefiro acabar dunha vez con isto, evitar a morte lenta de Cangas rematándoa por fin e irme vivir dunha vez a un sitio mellor, ou a un sitio igual que calquera outro, que é o que vai acabar sendo Cangas.

Advertisements