Os homes e mulleres, deben conservar roles diferentes na nosa sociedade? O de xéneros é un conflicto artificioso e interesado? É o propio sistema de produción o que aviva este conflicto no seu beneficio?
Que é un conflicto? Que é un dominación? Que é discriminación? Hai moitos tipos de desigualdades pero que estas sexan consideradas discriminantes require que sexan arbitrarias, impostas e vaian contra principios éticos aceptados. A dominación implicará que os roles desiguales achegan arbitrariamente capacidades desiguais impedindo que unha parte da sociedade poida aspirar e realizar o mesmo que o resto.
O home e muller foron desenvolvendo roles distintos que implicaban normas de prestixio social diferenciadas. Ao igual que as mulleres estaban excluídas de certos entornos tamén os homes eran considerados débiles (maricóns) se asumían un papel noutros. A división do traballo (doméstico e externo) favorecía un modo de produción en que diversas producións e reproducións domésticas eran necesarias.
A incorporación da muller ao mercado laboral favoreceu ao sistema de produción dominante e mesmo utilizou este fenómeno para aumentar a explotación sobre a forza de traballo. Este feito indudable non quere dicir que fose por este único fin que se produce a incorporación da mullera o mercado laboral, sería como dicir que o protestantismo xorde porque a mentalidade racionalista e individualista que produce favorece ao capitalismo. En realidade o capitalismo aproveita calquera rasgo cultural e ideolóxico ou costumes no seu beneficio: o ostentoso e comunitario do catolicismo, o racionalista e individual do calvinismo, o pragmatismo da igrexa anglicana: todos son aproveitados para un maior control da produción, nun principio, e unha motivación hiperconsumista despois con ferramentas que non os destrúen (co cómodo que é que se pareca a xente) senón que fomentan aspectos útiles.
O racionalismo é tremendamente produtivo xa que ten o apoioi do capital porque xera coñecemento útil para o capitalismo en forma de relativismo cultural e novas formas de aproveitar mellor aos seus medios de produción, sexan estes humanas ou inanimados.
Entón é aferrarse ás tradicións sinónimo de confrontación co capitalismo? Algúns desautorizan calquera principio racionalista como a necesaria eliminación da discriminación de xenéro. Argumentan que é un invento do capital porque o utiliza no seu beneficio. A dominación existe porque os homes mantiñan o poder económico, político e a capacidade decisión. Ás mulleres déixanselle espazos de acción que poden abarcar máis persoas ou lugares pero nos que o rutinario e estático das súas labouras, o insignificante valor e capacidade de prosperar que se lles ofrece fainas peóns nas mans dos homes. Ou acaso débese impedir o acceso feminino á educación non sexa que comecen a pensar que poden ocupar lugares diferentes aos que lles son asignados orixinalmente? Nun mundo en que se limita o acceso ao espazo público e coñecemento á metade da poboación é que se están a utilizar instrumentos de dominación para evitar que sexa consciente e se “arme” contra esta dominación. Se as mulleres ocupan un espazo natural e conforme aos instintos:
– Se é cousa de instintos deixemos que se eduquen a ver se instintivamente seguen a ocupar ese espazo. Se o instinto domina deamos educación idéntica (a doméstica sobre todo) a ver se o instinto segue a crear seres tan diferentes.
– Se é cousa de utilidade social o do xénero é unha arbitrariedade igual ca dividir o mundo entre altos e baixos, por que mulleres e homes e non calquera outro rasgo físico? A reproducción é unha limitación case insignificante na sociedade actual, máis insignificante se temos en conta que o exceso de nenos terceiromundistas a fai completamente innecesaria.

Advertisements