A “Torre de Meira” é o lugar onde se situaba o Castelo de Meira ata que foi destruido polos irmandiños no século XVI.
Nesta foto podedes observar que a impresionante panorámica aseguraba o dominio dun gran territorio. En concreto, todo o Morrazo estaría repartido entre os dominios da Torre de Meira e o Castelo de Darbo.
O lugar ten ademais un merendeiro ao lado e está a ser arranxado para facer máis segura a visita a tan abrupto enclave.
Varios muros e vertixinosas caídas aseguraban o dominio e abuso sobre a poboación básicamente labrega que se aliñaría así, doadamente coa revolta irmandiña sen deixar practicamente pedra sobre pedra. Ben feito!
torre de meira

Advertisements