gaiteiro aliazul
Este é o becho que me atopei en Beariz. Será mellor non sacarlle fotos de cerca xa que ven sendo bastante feo. Con esa cara mellor que se afaste porque por moita chulería que se ghaste con esas cores non é mais ca unha mosca de alas ghrandes.
Este outro non era un becho senón Pepe o “Tarzán” que me acompañou a ver o muíño a pesar da dificultade para moverse por culpa da Artritis. Aquí amosa orgulloso a ponte medieval da aldea. Esta ponte formaba parte dun camiño a Santiago que transcorría xunto no límite de dous arcebispados para non pagar taxas a ningún deles por percorrelo.
Pepe invitou a unha cervexa portuguesa mentres me contaba por que Ricobanca, “a aldea máis bonita de Beariz” estaba completamente pechada entre portais para os animais.
Este recuncho case abandonado está a carón do nacemento do río Verdugo (antigo río verduxo, nome debido á súa cor verde, que desenvoca nesa horripilante castelanización franquista). Será unha das xoias que en poucos anos quedará abandonada cando a artritis de Pepe non lle deixe xa limpar camiños, eiras nin leiras.
pepe tarzán na ponte de Ricobanca