Recódolles, señores, que a crise comeza en 2008. Sen embargo a crise no poder adquisitivo leva moitos máis anos. Cada vez a distancia entre as condicións laborais de funcionarios e asalariados, entre xente maior e moza e entre o centro e a periferia aumenta soportando uns aumentos nos prezos mooooooi semellantes. E non estou a falar soamente, por suposto, de salarios.
Por qué o poder adquisitivo das persoas non é un indicador económico fundamental? éo o PIB? O indicador da variáción da cifra de negocio, maioritariamente procedente da especulación entre grandes organizacións, é o que determina se hai crese. Vergoñenta manipulación do verdadeiro carácter do capitalismo que é cada día máis brutal. Aquí cito un artigo de El Mundo.

“En tres años, el número de ‘mileuristas’ ha aumentado en siete millones, pasando de los casi 11 millones de trabajadores que en 2006 cobraron menos de 1.100 euros brutos al mes, a los 18,3 millones que perciben la misma retribución laboral en la actualidad.

El estudio se ha realizado a partir de los datos de pagadores del trabajo y pensiones, así como de la última estadística del IRPF.”

E por certo que en La Voz de Galicia recóllese a mesma noticia pero….. sorpresa, evita facer comparacións sobre a evolución: agachando a involución da sociedade do benestar.

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2009/08/25/00031251199880549942846.htm

http://www.elmundo.es/mundodinero/2009/08/25/economia/1251198298.html

Advertisements