muelle no salgueirón
En Cangas os colexios están no monte, a residencia de Anciáns obriga que se expropie e desfaga unha carballeira. Á piscina haberá que ir en coche (se rematan esa absurdamente esaxerada construcción) e o carril bici só serve para pasear, non para desprazarse. Non hai terreos para un hospital nin locais para ensaios, nin Galescolas (ou como queira se chamen as garderías). As pistas de skate están nun espacio escaso e que molesta aos que están aloxados nun hostal, non hai un museo relacionado co mar, a depuradora é escasa.
Pero en Cangas tamén sobran cousas. Os chalés adosados e urbanizacións cuadriculadas fan que só apeteza ir do coche ao traballo sen relacionarse cos veciños, as casiñas xunto á praia que non respetan os piñeirais nin as dunas, donos de iates que se queixan do caro que é unha caña cando pagarían o dobre no seu adorado clube náutico, tamén sobran supermercados sen aparcamento que atascan as rúas anexas ao centro mentres as tendiñas da zona vella teñen que ir pechando.
Aínda así o mellor sitio de Cangas, a costa sen urbanizar pegada ao centro non é noso. Un inmenso terreo con vellas fábricas, praias, unha lagoa e moitas árbores onde á xente lle gusta pasear é transformado sen que o concello poida, según os que o rexen, facer nada.
O concello sobra e todos os chalés, centros comerciais e prazas para iates non valen unha merda ao lado do que Massó podería ser para Cangas.
Massó véndese, Cangas véndese. Se non defendemos o mellor que queda xa non paga a pena oporse nada, é capitular e aceptar que os cidadáns non temos capacidade de decidir sobre o que máis importa.
Hai que paralos xa!

Advertisements