pedra da penaSegundo a miña familia, a pedra da Pena é un lugar de feitizos e meigallos. Esta rodeado dunha gran fraga rica en prantas aromáticas, algunhas das cales dan mesmo nome aos sitios como pode ser “O Tromentelo”. Recollo a continuación un artigo sobre unha lenda acerca da Pedra da Pena publicada no Faro de Vigo:
Según una testimuña recollida polo mestre Pedro Díaz fai uns vinte anos, os vellos da parroquia canguesa de Coiro subían ata a Pedra da Pena na noite de San Xoán. Levaban unha tela de liño, branca e limpa, que extendían debaixo da «porta» da Pena para recoller a semente do fento. Cando daban as doce, mentras caía a semente no pano, abríase a pedra a salía un cabalo branco botando fogo pola boca, seguido dun tropel de equinos.

De seguido, pechábase a pedra e só quedaba no ar o fedor dos cabalos.
Pero na parroquia canguesa de Coiro aínda se conservan lendas asociadas á cultura do fento moi extendidas por toda Europa. O catedrático Fernando Alonso Romero relata nun estudio publicado pola Sociedad Española de Profesores de Alemán exemplos destas tradicións en Cangas, Irlanda e Alemania. No folclore irlandés aparece a figura do cabalo branco no San Xoán Maximiliano de Baviera cehgou a prohibir recoller a semente do fento. Shakespeare tamén fai mención a este lenda no «Enrique IV»: «Apañamos a semente do fento e agora somos invisibles».
Alonso Romero cita o mestre Pedro Díaz, quen recolleu en Coiro a mencionada lenda, coa saída dos cabalos da Pedra da Pena. Díaz preguntoulle ó vello que lla contou para que querían a semente do fento. O parroquiano respondeulle que fai invisible a quen a tome. Outro veciño de Coiro, Manuel Boubeta, ouviulle á súa avoa unha variante da lenda. A xente saía en comitiva hacia a Pedra da Pena. Unha vez arriba, facían o «círculo de Salomón» e colocaban un pano de «alemanisco» no chan. Ás doce da noite caía a semente do fento, que se utilizaba contra os meigallos.

O monte da pena segue a ser para min un lugar máxico e os fentos, dos cales hai moita variedade nas zonas húmidas, son misteriosas plantas cunha reprodución moi diferente a calquera outra. Aquí sempre se di que onde hai fentos é terra fértil pero por iso mismo téndese a desprezalos máis, xa que son os primeiros en aparecer invadindo as mellores leiras.
Sobre o significado da lenda dos cabalos, o liño e os fentos hai que ser finos. Eu dende logo relacionaríao coa fertilidade ao relacionar o luxoso tecido das sabas, a forza e cheiro dos cabalos e as esporas dos fentos. Hei ver se atopo algo máis sobre este tema.

Advertisements