Manifa mariñeira en Massó
Este sábado houbo unha manifa por mar contra os plans urbanísticos na costa de Massó, en Cangas.
Quedei cun sabor agridoce, máis ben pouco optimista. Semella que a loita do pobo de Cangas tórnase nunha loita dos mariñeiros cando somos todos os que debemos cabrearnos ante a imposición externa dunhas obras inútiles e especuladoras, porque non temos a posibilidade de decidir que se vai facer co mellor sitio de Cangas.
Mentres os colexios, xeriátricos, pistas deportivas e equipamentos públicos se perden sendo pouco atractivos entre os montes de Cangas vemos como os especuladores se quedan coa primeira liña de costa. Mentres Moaña recupera con brillantez o acceso ao mar para todos, en Cangas perdémolo continuamente pola apropiación de Massó e polas inútiles construcións do porto que cada vez limitan máis a posibilidade de disfrutar do mar dende Cangas.
Os barcos na manifa de Massó
Fronte a apropiación: expropiación. Contra a represión de políticos e forzas públicas que están a saltarse a legalidade só nos queda un camiño, a reacción. Non se pode permitir que pase, como en moitos lugares, que cando se declare ilegal xa non haxa volta atrás. Hai que paralos, Cangas decide.

Advertisements