Mentres as festas do Cristo e o Carnaval de Cangas perden interese hai romerías como Darbo, San Martiño ou Berducedo,e o carnaval do Hío, e festivais en paraxes naturais que teñen cada ano maior éxito.
Tentan mercantilizar o tirón das grandes celebracións colectivas aderezándoas de atraccións, concertos “finos” ou refin-ados, actividades alternativas sen considerar que a festa é un estado de ánimo e non unha morea de actividades de lecer.
Os parques de atraccións das festas non atraen á xente moza que así se aparta desinteresada nun recuncho a facer botellón mentres observa, allea, as luces, música hortera e mercancía inútil da festa-parque.
Unha romería só é ilusión que nos predispón a bailar un merengue, aturar unha procesión ou tragar as peores sardiñas e viño do verán: a quen lle importa.
Se queren que a festa sexa un parque de atraccións, un paraíso consumista, unha orxía despilfarradora de cartos a xente moza fará o seu botellón e expresará a rabia do seu alleamento enfrontándose a institucións cos que non se han sentir xamais identificados.

Advertisements