mazánsMazás grandes e acédas, enormes mazás que che fan encoller os músculos da cara e que acadan o seu esplendor co azucre ao facer bochos, compota, empanada ou pasteis. Esas son as nosas mazáns, as que se dan ben en Coiro. Non son redondas senón máis ben ovaladas e tenden a cair rapidamente. Oscurecen moi pronto se as cortas e notas humedecer o aire cando as cortas, como se fose unha cebola deixando flotar o seu ácido. Non queremos mazáns ben feitas de árbores pequenas e regulares senón vellas masanseiras onde os enormes froitos axudan a elaborar os pouco exóticos postres da terra. Gordiñas e coloradas, rechonchas, tal e como se consideraba que tiña que ser unha muller para ser bonita cando había algo máis de lóxica. Eu quero unha rechonchiña desas para min, soa ou cosiñada. Que vivan as vellas masanseiras retortas e arrugadas.

Advertisements