san mamede
Nos últimos días de vacacións fixen un par de rutas en bicicleta das que destaco a do venres que, tras durmir en Allariz, enfróntame a 64 quilómetros de montaña de verdade.
A mañán preséntase en Allariz fría e con nevoeiros, anticipa un día frío alá arriba na montaña. Collo o coche e deixo o pobo cheo de vida coa desgana de saber que non terei tempo de explorar os innumerables recunchos do seu casco vello. Cando vou subindo vou deixando atrás inmensas carballeiras que fan que facer unha ruta en Allariz sexa cita ineludible para o futuro.
Na interminable chaira da Limia só o húmido e fresco tempo me recorda que aínda estou en Galicia. En Vilar de Santos recibo as últimas e confusas instrucións para chegar a Alberguería. A tortuosa estrada sube pasando dos carballos aos piñeiros para, ao superar os 700 metros, atopar principalmente toxos e carqueixas. Pódese disfrutar unha espectacular vista da chaira da Limia dende enriba da néboa.
panomárica na limia
A Alberguería só é unha aldea illada dunhas 15 casas pero ten, a uns dous quilómetros, unha estación de tren onde comeza a miña ruta en bicicleta. Estou a 780 metros e agárdame unha longa subida ata os 1600 que da Serra de San Mamede e se ben ao lonxe dende o punto de saída. As abruptas montañas, o fresco e unhas nubes violáceas fan que dubide a oportunidade de atreverme eu só tan prolongada subida.
nubes de tormenta
Éntrase nunha pista de terra seguindo a sinalización dun pobo a 24 quilómetros, 24 quilómetros de pista de terras nunha abrupta zona de desprendementos e fortes nevadas para acceder a unha aldea aínda habitada: en que planeta estou!
A pista serpentea por vertixinosas ladeiras sen que os desniveis sexan nunca retos realmente duros. Piñeiros ao principio e carqueixas cubren o chan pizarrento que dificulta en ocasións o pedaleo. Cruzo unha aldea na que reciben castiñeiros centenarios para comezar, no quilómetro 17, a subida que non parará ata o 40.
P1040184
Uns vales dan paso aos outros e paso longos quilómetros por unha pista que sube moi suave ata pasar a zona asfaltada con moitos anos de abandono e desuso. Chégase aos mil metros cruzando unha aldea en que só o repartidor de… quen sabe o que pode chegar a repartir un camión nunha aldea da montaña.
P1040187
Despois os abetos preséntanse por todas partes e ao superar os 1200 metros comézase a ver os cumios de pedras redondeadas na Serra de San Mamede. Precipicios máis altos para afrontar un último quilómetro que é o realmente duro sen non se gardaron forzas. Non esperaba atopar unha capela en lugar tan inhóspito onde as vistas só se interrompen pola borrosa lonxanía.
P1040196
Moi sinxela a subida pero a baixada comeza con sorpresa xa que se sigue un cortalumes que enseguida se volve case imposible para afrontar .só, a 1600 metros, con tempo ameazador e lexos da casa: non é lugar para riscos así que baixo o cortalumes a pé.
P1040177O resto da baixada é suave e húmida por sorprendéndome polo impresionante bidueiral de Montederramo que me acompaña uns 5 quilómetros.
Piñeiros, un albergue e unha aldea que me conduce a os últimos 4 quilómetros rompepernas por asfalto ata a alberguería completando así unha ruta esixente pero non dura. 5 horas que fan a delicia de calquera namorado da bicicleta de montaña.

Advertisements