Na noite do 27 de decembro de 1948 eran ducias os barcos que viñan da costa de Portugal de pescar a sardiña. Viñan as bodegas ateigadas das brillantes cestas do peixe que atrae a Galicia a industriais cataláns para montar imperios como o de Massó. Os barcos xa se movían co motor de gasoil pero botar e recoller redes era un durísimo traballo que obrigaba a que fosen máis de trinta homes quenes movesen os pesados aparellos. Todos, ata os máis mozos, con menos de 15 anos tiñan algún papel importante. Para eles ir ata Portugal era unha aventura moito máis excitante que botar a liña na ría. Tamén daba máis cartos, ou algúns cartos, porque axudar á familia tiña unha recompensa que non valía para invitar á moza na verbena.
Para pescar a sardiña íase navegando a modo coa máquina encendida. Dous homes cun pau alto ían dando golpes no mar a proa para asustar ao peixe e facer que se xuntase. Daban paus aos lados mentres tiraban una boia grande ao mar e deixábana que se afastase co aparello a bastante distancia e obrigando ao peixe a achegarse á rede que ía formando unha curva. Detrás da corda vai a rede con plomos e boias para estirala cara abaixo quedando na superficie. Cando teñen o aparello largo en redondo os mariñeiros teñen que tirar da corda larga. Enganchaban o peixe con salabardos, uns ganapáns largos. A sardiña vendíase a cestas, e algúns barcos traían máis de 300 cestas.
Os barcos entran na ría de Vigo polo sur, entre Baiona e as Cíes. Ningunha das dúas costas é segura porque hai pedras que non se ven nun escuro día de inverno. O patrón é experimentado pero a visibilidade é moi pouca porque é inverno con choiva e o mar está bravo. Quen non se confía cando albisca xa os perfís familiares dos montes do Morrazo? Monte Castelo, Leboreiro e Hermelo dan acobillo á vila e case poden sentir rebumbio de bares onde amosarán a habilidá persumindo de capturas ou rirse dos mareos e torpezas dos novos. Deixando atrás o mar aberto éntrase na ría e só queda enfilar a proa cara as empinadas rúas de Cangas que suben entre escaleiras de pedra e casas con patín ata que a vila dea paso a leiras e camiños de carro.
O Tito era un dos que viñan da sardiña e a confianza da acolledora ría fai que vaian seguindo aos demais “sen máis”. A maioría dos barcos non seguía esa ruta porque descargaban en Baiona ou Vigo, na costa sur da ría, daque cheas de fábricas onde as mulleres cocen e enlatan para os adinerados catalán. Tardaron por esa razón bastantes horas ata que se decatan do acontecido. “O Tito pasau a rente as pedras en un golpe de mar fixo que embarrancase contra Aghueira”. Así se coñece o irregular final das illas Cies, o illote de pedra rodeado de pequenas rochas que facían imposible achegarse. Era un barco de madeira e quedou completamente esnaquizado. “Un barco largo de 15 ou 17 metros tripulado por 40 homes para poder largar e recoller o aparello a man”. Pero aquí só comeza a aventura xa que os pedazos do barco e todos os tripulantes conseguen refuxiarse, na noite, no medio grandes ondas, no predrento illote de Agoeira. Moitos naufraxios observaron estas pedras pero ningún coma este. Seguirían varios días nos que a esperanza fixo ignorar o perigo e a toda a ría se moviliza nun desesperado intento de devolver con vida a tantos homes no medio dun interminable temporal.
Faros de Galicia de “Guías Galaxia”, Editorial Galaxia. Autor Lino Bravo, 2003
“Las olas batían con tal intensidad al Tito, que este quedó destrozado en poco tiempo obligando a la tripulación a abandonar el bargo procurando ganar la peña A Bornira que tiene unos 20 metros de altitud pero para lo cual tuvieron que atravesar las rompientes que la circundan… Sobre A Borneira se llegaba a contar hasta 34 hombres agazapados como podían esperando que un milagro permitiera que las labores de rescate dieran resultado”

Advertisements