Para min pescar en Marruecos estaba moi ben pero tamén estresante. Andabas ben e podías coller polbo, moito polbo, pero tamén collías calamar e langosta. O malo de Marruecos eran as lanchas. Porque che viña a lancha e sempre podían toparche algho porque aínda que foras leghal podían toparche algho. En Marruecos pescaban ben coa malla leghal pero, eu que sei, se botabas e enghabas un troso de malla pequena, de condón e traías un troso parriba e xa che viñan ensima.
A lancha podía quedar un par de horas e mandábache virar pa que botases toda parriba pero non lles valía e tiñan que ver todo. Ó final tiñas que pagharlle pa que se foren porque che viñan joder.
A Mauritania non me levaban porque alí as lanchas andaban ensima túa. Inda que foras ben iban buscar a forma de joderte.
E despois está o peix que ti non sabías o que traías asta que o tiñas a bordo. Hai veses que viña ben pero, cando non era comersial, non habia que faser. Eu en Canarias, en Marruecos vin o que era traballar en tensión. Porque isto era o arrastre, arramplabas con todo o que topabas e… bueno… non sempre íbamos polo leghal.

Advertisements