Ven de morrer fai uns días o xenial antropólogo Claude Levi-strauss. Entre as súas brillantes achegas explicounos como en calquera sociedade as lendas e contos achegan unha explicación mítica da xénese e equilibrio da sociedade. As lendas transmiten unha explicación sobre o mundo nun plano máis ben inconsciente que axuda a garantir a adecuación ao orde existente a a considerar antinatural calquera outro. O importante da lenda non é a historia en si senón as cualidades e formas naturais de relacionarse que transmiten.
O morrazo presenta multitude de lendas relacionadas con mouros como meigallos na Pedra da Pena, as covas na zona de Montecarrasco ou a Poza da Moura. Pero este fenómeno é fácil de atopar en toda Galicia. Sabemos que en Galicia mouros, moi poucos, e dende logo non viviron nos cumios dos montes nin na época dos castros.
0s mouros son personaxes de “raza mítica” que habitan os nosos monumentos prehistóricos ( mámoas ou castros ) ou na paisaxe natural. Había a necesidade de “darlle vida” a eses lugares “ancestrais” a trasvés de lendas onde se inclúen personaxes estraños e antigos atribuíndolle fenómenos supranormais. 0s mouros non son recordos dos habitantes prehistóricos de Galicia, senón que é na Idade Media e na súa sociedade agraria formada por campesinos dependentes suxeitos a outros segmentos sociais, en definitiva, a unha actividade socio-económica dependente facendo que o dualismo entre labrego (inferior) e non labrego (superior) se reflexe na tradición oral.
Asi o mouro leva un estilo de vida diferente ó labrego, simbolizando unha vida poderosa que é como a imaxinan os labregos para os segmentos da sociedade que os trascenden.
O relato cumpre a función de lembrarlle ó campesino que existen persoas mais ricas con poder que non son do seu segmento social.

Advertisements