Nas altas terras de Soutelo a névoa semella estar sempre a un palmo da cabeza. Cumios suaves e inteminables van enlazándose nunha paisaxe contraditoria. Natureza e orde misturados con cera harmonía. O muiños de vento e plantacións de árbores en ringleiras fan pensar que o monte cambiou moito sobre o que foi pero igual non foi para mal xa que estamos ante unha potente industria do rural galego.
rodando en soutelo
Saimos pedaleando cun frío paralizante e húmido. Só se discorre un quilómetro plácido entre carballos e cogumelos para comezar a trepar polos amplos e coidados camiños entre piñeiros. O tempo non da tregua e algúns cambios na dirección ou ao superar pequenos pico enfróntanche de cara con refachos intensos e vento.
O interior dos vales é máis plácido xa que non acolle névoas nin ventos senón fonduras inescrutables e pouco visitadas. Os regos retórcense para iren xuntándose ata alimentar concas coñecidas como a do Lérez, o Umia ou o Ulla.
rodando en soutelo
A última pare da ruta é dura. A bandura do chan e o vento na fronte fai que o xesto crispado se volte permanente. A cara chea de lama aínda aínda fai que deamo máis medo… pena. Os xeonllos recórdanche que hai dores pouco intenss pero desmoralizantes aínda que aos teus compañeiros véselles igual. Como coñezo a zona sei que estamos máis preto do que supoñen. Gasto as últimas forzas para amosar entereza e chegar cos primeiros.
Foi unha sensacional mañán de domingo cos amigos, a bici e o monte todo para nós.
Ao final o que che queda e que coñeces un pouco máis Galicia, aos teus compañeiros e a ti mesmo. Que máis se podía pedir dunha soa mañán de domingo?

Advertisements