Para os poucos que non o coñezades preséntovos a este artista do arte urbán. Botade un ollo aos seus vídeos, a min encántanme os xogos olímpicos, o comecocos ou un dos máis recentes e brillantes: o ciclismo.
O deporte naceu como actividade de burgueses e aristócratas que presumían de logros en xogos de habilidade e elegancia. Eran deportes exclusivos creados para a exhibición entre inútiles e vulgares parásitos sociais. Cos xogos olímpicos vanse engadindo e popularizando disciplinas máis “rudas” pero esíxese que sexan amateurs, é dicir, ricachóns sen outra cousa que facer. En canto se lle ve o negocio popularízanse xogos case locais, minoritarios ou poucos regulados para maior gloria do orgullo nacional e comercial. Remi Gaillard achéganos o seu punto vista, ou a min apórtame unha nova perpectiva.

A conclusión: o deporte como espectáculo é ridículo. Payasos facendo actividades absurdas (como cousas para ver) son aclamados or moreas de abraiados espectadores. O deporte como actividade só debía ter senso para os que o practican como forma de vivir o entretemento, competividade, afán de superación ou creatividade. O deporte como espectáculo de masas é un noxento envoltorio que este chalado de Remi Gaillard nos amosa a ver dende outro punto de vista. Bravo Remi
E agora diredes, a este chalado non lle ghusta ver deporte ninghún e por iso anda resentido? Todo o contrario, ogallá non me entretivese o deporte nin fose de madrí e algún día pusese unha b…….. mellor paro que me encendo.