Ter iniciativa é ser quen de superar os medos e tirarse sen salvavidas porque se cre nunha idea. Antes o único feito de montarse unha empresa do que sexa era digno de admiración. Bares, tendas, talleres ou barcos aparecían porque o valor de atreverse era suficiente para acadar un pouco máis de respecto. Polo visto agora hai que montar algo de deseño, con estranos productos que ningún ser normal precisa e ter unha apariencia que imite algunha tribu urbana.
Na actualidade resulta indigno chegar co teu cutre negocio porque insisten en que o cliente é cambiante, a innovación inabordable ou que os clientes son esixentes, os teus amos. Cando eu era pequeno o jefe mandaba a tomar polo cu a quen quixese, cobraba o que lle petaba e miraba raro a que lle viñese en gana.
Normativas, leis e controis impiden que ninguén sexa o jefe do seu propio negocio. Antes entrabas no exclusivo grupo de clientes porque eras iniciado por un coñecido, aprendías a comportarte porque eras iniciado e observabas sen berrar mentres non tiñans certo status alí. Agora os mozos esperan atoparse un McDonalds coas instrucións para comprar escritas nas paredes, tendas de Inditex onde a dependenta é un maniquí máis ou talleres que che poñen por escrito o que din que che revisaron.
A personalidade só depende da decoración porque os empregados e donos son robots que seguen guías de atención ó cliente en que o permanente sorriso só se debe a que en realidade están mortos.

Advertisements