Estamos asistindo á definitiva reconciliación das dúas grandes estrelas das racións con pementón e aceite de oliva. Os platos máis sinxelos de preparar pero que só o arte e anos experiencia ensina a cocer no seu punto. A comida preferida dos palillos, sexan redondos ou planos. Eles son os principais culpables de deixar máis lamparóns imborrables nas camisas de ir a misa.
A orella, comida de homes bravos, apresiado en toda Galicia e despresiado polos pijos; fronte ao polbo, froito das rías que os ourensáns e os guiris converten e símbolo de festa uns e de Galicia outros.
Agora por fin aparécenos nos fondos abisais o polbo con orellas. Non me estrana que estivese tan aghachado tendo en conta a potencialidade gastronómica do ser. Que Dios lo proteja.
Novembro 26, 2009
Advertisements
Novembro 27, 2009 at 00:00
O rabicho ese que lle sae entre ollo e orellas é un órgano sexual?
Novembro 27, 2009 at 01:07
É máis ben a billa. Daí non sae tinta coma a dos chocos senón que sae tinta femia. É o supercefalópodo que existe gracias á particular alimentación dos residuos de Lourizán.
Decembro 1, 2009 at 00:17
Polos arredores das letrinas de Vulcano de seguro que nadan criaturas moito máis extrañas ca iso…