Andamos nunha espiral de perda de calidade no mercado laboral. Temos becarios e inexpertos que substitúen a profesionais ben pagados. Semella que o único persoal dun xornal é copiador de novas de axencias, recolledor de testimonios e buscador de basura internauta.
Un dos espectáculos dos últimos días amósanos medios de comunicación publicando novas que teñen despois que desmentir porque publicaron sen contraste ningún. Dende os mariñeiros do Alakrana que foron a terra ata o suposto violador dunha nena de tres anos. Detidos por atentados e violencia que non sabemos se son exculpados, un policía sofre un atentado que resulta que é claramente simulado, liberación dos secuestrados en Mauritania ou manipulación do perigo que supón unha simple gripe.
Seica xa só poden enviar xente aos partidos de fútbol ou a recoller eses noxentos testimonios pero non hai quen se documente ou recoñeza a fiabilidade de nada.
A inmediatez, o consumo rápido, o xornalismo basura é o principal reto para os medios. Aterrorizados pola competencia de Internet tratan de facelo máis e mellor que na rede cando o seu papel debe ser, agora aínda máis, o oposto.
O xornalista xenérico non debería existir. Cada quen debe ser experto nalgo (economista, politólogo, médico, sociólogo, historiados, empresario) e ter unha especialización en xornalista, un máster ou calquera desas changalladas que están de moda. Non debe deixarse as novas en mans de xente que non sabe o que están a dicir nin quen é realmente o que llo está a dicir. Este último punto é fundamental: un experto na materia debería ser quen de recoñecer os intereses e problemas de fiabilidade que arrastra unha infomación. Pola eliminación da carreira de xornalismo xaaaaaa!

Advertisements