O marajota é audiovisual. Este domingo saímos na bisi polos montes de Cangas, Moaña e Bueu. Jrasias a un curioso invento caseiro, Marajota consejiu jravasións frontais e traseiras tras montar un chisme caseiro no manillar e o sillín.
O resultado está aquí. Vese que o blog non acepta cargar directamente vídeos de Vimeo e ten que ir co enlace… a ver se o arrejlo…

Memorial Manuel Santos
Aquí o temos, o primeiro vídeo que parín. A calidade non é boa porque son torpe na compesión e porque os soportes para a cámara (de fotos) foron fabricados de forma rudimentaria na casa pero prometo máis e mellor.

Esta ruta fíxose o 2 de Maio de 2010; é o percorrido para a marcha Memorial Manuel Santos 2010 que sairá de Cangas de Morrazo o 6 de Xuño. Sáese á 9.30 (incricións ás 9) e é completamente gratuita. Tamén pasa por zonas de Moaña como Ameixoada, Monte Aberto, Broullón, Val da Fraga ou o Paralaia. Tamén pasará por montes de Bueu, na Pastoriza e Chans de Cela.

34 quilómetros máis ou menos duros que terá tamén baixadas técnicas con alternativas. O avituallamento é en Chans de Cela. Nada mái deixalo pásase por un espectácular mirado onde se poden divisar diversas rías, illas e penínsulas cara o norte do Morrazo.

Advertisements