Aquí vai a ruta de Bici de montaña que organiza o clube Bike ou non vai de Cangas o 6 de Xuño.

É unha marcha cicloturista gratuíta que inclúe seguro, asistencia e avituallamento, que este ano realízase en chans de Cela.

Ten uns 36 quilómetros tirando a dureiros e pasará por montes de Cangas, Moaña e Bueu. Teranse vistas espectaculares, trialeras, subidas duras, fragas e moita, moita xente. O 6 de Xuño, ás 9 da mañán son as inscricións e ás 9.30 a saída.

Se pinchas no enlace verás o mapa da ruta e podes acercalo para coñecer mellor por onde se vai.

http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=889988&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S

Advertisements