Coñecido é por calquera no Morraso, a sona que tivo no pasado a Ternera de Moaña. Isto explica a existencia dunha festa da chuleta en tan mariñeira vila.
Tamén é sabido por todos que iso son tempos pasados e ternera, de existir aljunha, será en todo caso para consumo propio. Sejundo o Instituto Jallejo de Estadística había en Moaña en 2008 36 explotasións leiteiras, cun total de 10 vacas entre todas . Poida que vos paresa rara a sifra, pero aínda máis curiosa é a do ano anterior, con 4 vacas en 39 explotasións.