Cando as tardes de verán están húmidas no Morraso, con esa espesie de brétema fantasmal que non se mira pero síntese, o que me presta é ir á ría de Aldán.
O bochorno peghañento é levado polo irregular pero insistente vento do nordés que trae cheiro a mar e refresca a tardes de verán. As caliñas con area gorda da ría de Aldán aproveitan a caprichosa costa para apuntar cada unha cara un sitio diferente. Sejún esa orientasión tamén será a inspirasión da praia: máis íntima, luminosa, cálida, familiar ou revoltosa. Os penedos se separan os areais están cheos de arneirón, lapas e mexilóns ademais de servir de refuxio para peixiños e alghunha nécora despistada.
Son praias pequechas, sen espazo para andar con tonterías. Un día destes terase que controlar o espazo a ocupar por persoa ou limitar por onde poden correr os demos en corpo de neno porque aquí o terreo é precioso por limitado. Eu non dijo que haxa que botar ao jodechincho, que tamén ten que vivir, pero que colla un pouquiño de sivilisasión antes. Unhas clases, unha reabilitasión para a sosiedá e, finalmente, un carné por puntos, que se retirará en caso de non comportarse adecuadamente nos areais do morraso. Por exemplo:
Nais berrando a nenos desatendidos, xogadores de pelota en baldosas imposibles, compradores compulsivos de absurdos complementos playeros que esparcen en parcelas ilimitadas, radioafeccionados listos para a absorción anal en posición transversal do aparello emisor de cancións de moda, parellas hiper sobonas e semiexcitadas, subnormais botando carreiras como se fosen cans, adolescentes chamando a atencións con berros de jaliñeiro, propietarios de asquerosos cans cheiracús, señoras exclamando ante a previsible temperatura acuática, saudadores de lado a lado da praia, adictas ao sol que desprezan os praceres do paraíso da ría de Aldán , fumadores incapaces de gardar unha colilla entre as incontables bolsas de mierda que arrastran…
Ide todos a tomar polo cú, quedade nos vosos microxardíns con piscinitas para o neno, con valados tapados pa ter intimidá, permanecede nos pisos hiperequipados si non sabedes comportarvos como persoas.

Esta locura está poñéndonos moi nerviosos, e cando no morraso no poñemos nerviosos… pasa o que pasa

Advertisements