As mellores aldeas e pobos de Galicia están son abandonadas polo radical desprezo cara á tradición que se normaliza para motivarnos a adquirir e facer calqueira que sexa o seu máis absurdo e recente lanzamento comercial.
A falsedade do argumento da melloran que supoñen as novidades queda plenamente demostrado coas continuas voltas nostálxicas ao pasado, novas tendencias copiadas do pasado que agardaron a que desapareceran da nosa listaxe de bens consumibles para descubrir que están plenos de funcionalidade, calidade e atractivo.
As grandes casas vellas seguen a ser símbolo de poder pero as pequenas casas de aldea semellan abocadas a ser deixadas morrer antes de volver estar de moda. Precísase destruir antes de volver a construír nunha roda xirando no baleiro, Nunha sociedade en que a mellora das comunicacións, auxe de autónomos e telempregados, de inhabitabilidade das cidades, resulta que vivir en casiñas de pequenas aldeas segue sendo gusto de moi poucos.
Acostúmase a dar un estereotipo da vida no campo que centra a atención na independencia, os espazos, a escapada e o aillamento cando a vida da aldea, e a maioría das súas construcións, non responden en absoluto a esta percepción ignorante, simple e superficial.
Calquera aldea de Galicia ten un pequeno núcleo con casa pegadas entre si. A maioría poden ter terras detrás pero a maioría están a maior distancia, permitindo que sexan así núcleos bastante compactos.
Calquera aldea de Galicia, que conte cun puñado de habitantes, ten un nutrido calendario de festas e xuntanzas. Tamén calquera evento familiar fará partícipe, alomenos en parte, a toda a veciñanza. Por outra banda as visitas e pernoctas de amigos e familiares son constantes así que a vida na aldea ten un nivel de ocio e vida social abundante e pouco repetitivo en que se mezcla a festa cos negocios, mostras de deferencia social, alianzas e enfrontamentos. Non se trata só de percorrer locais con música atronadora e bebendo terribles bebidas senón que son eventos complexos e intensos.
Os poucos casos que coñezo de rehabilitación completa son auténticos paraísos moi demandados polos amantes da vida de calidade. No seu lugar caso máis común e a construción dunha fileira de chalés que serven de barreira visual e ocultan o núcleo aos visitantes casuais.
Se unha das razóns polas que hai que defender o idioma é porque ningún pobo debe sentir que ten unha cultura inferior, inútil, sentíndose así inseguro de si mesmo, acomplexado e tratado con soberbia, que podemos dicir das nosas aldeas? Acaso entenderemos a nosa cultura e forma de vivir sen os núcleos rurais tradicionais?
Quizais eu, procedente dunha vila de certo tamaño e crecente non son quen de criticar a actitude de abandono dos lugares con peores servizos, emprego, etc pero atrévome, sen dúbida a chamar imbéciles e paspáns a aqueles que nestes prósperos pobos costeiros renuncian ao sabor da veciñanza, da vida semiurbana por chalés adosados ou pisos en periferias das que nunca se sentirán veciños nin formarán parte dunha comunidade cunha mínima capacidade de perdurar no tempo.

Advertisements