Levántaste cedo no fin de semán, e a cama é un cálido e acolledor ventre materno, mentres o no afora espera un mundo xélido e duro. Incorpóraste notando que os músculos aínda dormitan e camiñas como un zombi lento pero imparable á cociña. Recordas que nestes días sí que é importante un bo almorzo pero daste conta de que non hai tempo para exprimir, tostar ou untar. Tes que acudir á caloría industrial, creado a miles de kilómetros con misteriosas graxas animais con forma de galleta, croisant ou napolitana. Buscas complementos repartidos por toda a casa: casco, mochila, guantes, barritas,… por que non terei todo xunto nun lado? Estas zapatillas dan noxo pero non da tempo a limpalas. Hai que ordenar todo isto, vou vaciar un armario enteiro para a bici… se me deixan.

Haberá frío, chuvia, o tempo quecerá rapidamente ou toca ir abrigado toda a mañán. E eu, galoparei coa forza dun pura sangre ou bufarei como unha morsa sebosa arrastrándose por unha praia antártica? É un deses días de pés conxelados ou de sudar envolto en prendas inútiles? Miras pola ventana; merda, está escuro e non sei se andará a chover.
Xa te sintes mellor co traxe posto, o uniforme para a pelexa, algo deteriorado por golpes e desgastes. Non hai marcha atrás, sería ridículo quitar agora o disfraz. Onde andarán as gafas, ao carallo o tempo acábase.

Xa vas con retraso ao chegar ao garaxe. Ves a máquina e parece triste alí apartada na oscuridade. Cando a tocas está fría e agarrotada, tamén lle costa comezar a moverse. Obsérvala e parece complexa, angulosa, áspera, inhumana. Semella un potro de tortura ingobernable. Algún sicópata creou este artefacto de maltrato a torpes aprendices de deportistas ou naturalistas. Isto non pode servir para voar sobre as pedras, atravesar lameiras ou agarrarse ás costas imposibles, é un ferro mal feito pero bueno,a intenalo. Comeza o ritual cando analizas o estado da compañeira de viaxe. Buscas de forma meticulosa imperfeccións sutís. É impropio dun manazas como ti pero comprobas se a presión é a adecuada, ruídos reveladores de rozamentos, imprecisións nos cambios, holguras nos eixos ou derrames de graxa. Xiras a roda e oes sonar o carrete con deleite, como a ruleta dun casino xogando coa sorte. Sempre comprobas os frenos, non sabes por que, nun coche non se che ocorrería facelo. Miras os tacos da cubierta, xa tocaba cambiala pero vai tirando e ves con preocupación algo desfiachándose no cable de cambio, malo será, pensas. Cantos rascazos! Xa parece vella e non ten nin un par de anos e parece como se lle saísen arrugas na pintura.

Parece mentira que un trebello así de caro precise tantas atencións, non me estarán enganando? Pero montar en bici é máis completo que pilotar un coche, nuns minutos o vehículo será parte do teu corpo, entenderás o significado cada vibración como se fose a túa propia pel a que vai rodando polo chan. Brazos e pernas son parte da amortiguación. A pel é carrocería. Desprazas o corpo de adiante atrás ou aos lados para manter o equilibrio de forma constante e case inconsciente. O cambio axuda a que non gripes o motor humano, hai que manexalo con coidado, podes ser agresivo ou conservador. Os pedales e vielas poñen estabilidade e agarre, puños e sillín dan axilidade para xirar, inclinarse ou correxir trazadas.
A roda xa comeza a xirar, antinatural, polo frío asfalto da mañán da triste e sucia de inverno ata chegar ao punto de encontro. O día comeza a asomarse sen decidirse entre un sol frío e cegador ou nubes cálidas e húmidas. Arrancamos perezosos buscando blandura térrea. Un quecemento urbano lévanos pronto ao noso hábitat natural, mmmm

Advertisements