Apejo aquí esta informasión sobre o “pobre” que é Galicia e como isto faría inviable pensar sequera en liberarnos. Está publicado polo grupo “Celtarras” no feisbu, aquí tedes o enlace ao documento pero poño todo tamén pa que vexades:
Enlace ó documento

por Celtarras o Venres, 11 de Febreiro de 2011 ás 6:15
“E de que íamos vivir?” A idea de que España é quen nos dá de comer…

Non sería a primeira vez que unha persoa ou becho se fai esta pregunta perante o planteamento da independencia de Galiza. Incluso eu mesma tiña só unha vaga idea do asunto, por iso mesmo tanto eu como a miña curiosidade decididímonos a indagar un pouco sobre o tema. O resultado é que os galegos non lle debemos nada a España; é ela quen se queda con case 2/3 dos impostos que pagamos. Aquí queda a proba pra quen goste de saber:

Tal coma puidemos ver Galiza produce o 50% da lousa mundial, o80% da industria conserveira do Estado, o 65% do granito, o 62% do millo, o 45’5 da madeira, o 42% da construcción naval , o 41% do xeixo, o 40% do leite, o 24% do peixe, o 22% da pataca e o20% da electricidade renovable.

A cambio os salarios dos galegos son un 14% máis baixos ca dos españois, o 19% de nós vive por debaixo da liña da pobreza, temos200.000 parados e en 20 anos desapareceron 40.000 explotacións agrarias e nos últimos 5 uns 700 barcos pesqueiros.

Eses son só algúns dos produtos que producimos pero no subconsciente seguimos a pensar que somos un país pobre. De onde sacamos tal idea? pois do modelo de financiamento autonómico. Resumindo dunha forma simplista pero certa, a cuestión é que dende Madrid muxen a vaca e dalgún modo fannos crer que aínda lles debemos un favor por darnos o que a eles lles pareza.

No Estado Español hai dous modelos de financiamento: o Foral (Euskadi e Nafarroa) e o de réxime común (que atinxe ó resto de nacións e rexións cos casos especiais de Ceuta e Melilla). No caso do réxime común os cartos que tan xentilmente nos cede o Estado Español (obsérvese a perversión da linguaxe utilizada), proveñen principalmente de:

O 100% do que recademos dos chamados “tributos cedidos” como o Imposto sobre 0 Patrimonio (IP), Imposto sobre Sucesións e Doacións (ISD), Tributos sobre o Xogo (TX), e Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAXD), amais de certa marxe no Imposto Especial sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IEVTM) e do Imposto sobre Ventas Minoristas de determinados Hidrocarburos (IVMDH) .
Sóamente unha parte dos “impostos compartidos”. O “Estado” cede un tanto % do recadado en certos impostos especiais (alcohol, hidrocarburos, etc.) que divide en partes iguais e reparte ente as Comunidades.
Por último está o Fondo de Suficiencia polo que o “solidario” Estado Español dá ás comunidades “pobres” os cartos que lles faltan para cubrir o custo das competencias que lles foron transferidas nos seus pertinentes estatutos (sanidade, educación, xustiza, servicios sociais, etc.) Estascomunidades “gasto” somos todas menos Madrid e Baleares que alcanzan a autosustentarse por unha contía mínima. A explicación breve é que Madrid nos rouba a todos e Baleares ten transferido turismo íntegramente. Pero, quen cona se vai crer que dous nos dan de comer a quince?! Se fóra dalí clamaba pola independencia mañá mesmo!
A Garantía Sanitaria sería exactamente o mesmo que o Fundo de Suficiencia pero destinado exclusivamente ó ambito da saúde.
Desta forma callan en nós ideas como a da “Galiza subvencionada”e a da “solidariedade estatal” coas que se nos pretende colar quedependemos deles pra subsistir porque nós somos incapaces. É ese o obxecto último deste sistema, probar que os galegos e as outras nacións e rexións do Estado non temos posibilidades fóra do seu manto. En definitiva, as comunidades pobres só podemos sobrevivir grazas ás aportacións e solidariedade das ricas. Se facemos caso á teoría de que es máis pobre a cantos máis cartos teñas que recibir do Fundo de Suficiencia, Catalunya sería a 5ª comunidade máis pobre do Estado despois de Andalucía, Canarias, Galiza e Castela e León. A alguén lle cola?

Por que Madrid é tan rica e o resto somos taaan pobres?

A cuestión é que unha empresa tributa onde ten a súa sé empresarial e por todos é sabido que a maioría das grandes empresas privadas, das empresas públicas, dos organismos estatais “periféricos”, etc. están en Madrid. Deste xeito a Capital das Españas lévase os cartos resultantes do imposto de sociedades, do IVE, das retencións dos traballadores (aínda que estes estean en Galiza), das súas operacións co exterior, etc. É dicir queaínda que os recursos nolos fodan a nós, os cartos quedan pra eles(véxase o caso das tres grandes eléctricas galegas, todas foráneas). Por isto mesmo dáse un exemplo moi coñeiro e é que o 100% do imposto sobre o tabaco recádao Madrid, debe se que o resto non fumamos. Outro caso moi simpático é o das grandes aseguradoras náuticas como pode ser Bureau Veritas que tamén tributa alí, será que agora os barcos navegan polo Parque do Retiro. Por outra parte Alcampo, Carrefour, Eroski, Mercadona, El Corte Inglés, Lidl e Día acaparan o 70% do mercado da distribución de alimentos no Estado Español segundo os datos da OCU pero ningunha ten a súa sé empresarial en Galiza, neste caso en Euskadi co sistema foral téñenno un pouco mellor. Os exemplos son infinitos, custa imaxinar cantos cartos perdemos en favor de Madrid.

Temos que facer fincapé en que no 2007 eran 5.147 as empresas que producían en Galiza pero que tiñan a súa sé fóra. Estas empresas contaban cun total de 136.367 traballadores e un número medio de traballadores moi superior ás galegas. O salario bruto medio declarado por cada un dos asalariados foi de 24.346 euros, tamén moi superior ó de aquí, e sobra dicir que as súas retencións vanse fóra.

Como nos minten?

Existen dous informes básicos:

O Informe Anual de Recadación Tributaria que traballa en base a estimacións de recadación. Segundo este informe Madrid tributaría o 48% da totalidade da recadación fiscal do Estado Español, non o cren nin eles. Aínda que este dato é normal se atendemos ó que explicaba antes sobre as sés empresariais e certos impostos asociados a elas.
Xa que saben do estúpido dese informe e necesitan coñecer os datos reais recurren ó Informe de Liquidación que se coñece dous anos despois de finalizado un curso fiscal e traballa con datos obxetivos. Este é o que verdadeiramente nos interesa porque nel si se inclúen tódolos impostos que pesan sobre os galegos (excepto o do IVE e os Impostos Especiais),aportándonos a recadación xeográfica real.
A mentira: No 2008, segundo o Informe Anual de Recadación, as delegación galegas da Axencia Tributaria embolsáronse 4.354 millóns de euros en Galiza. O Estado estimou que o noso gasto sería de 7.171 millóns de euros polo que eles, moi “solidariamente” terían que poñer o que faltaba recurrindo ó Fundo de Suficiencia.

O certo: Agora co ano 2008 xa liquidado podemos facer ben as contas. Resulta que Galiza recada 3.890M€ provintes dos tributos cedidos, dos que falei máis arriba, máis 5.019M€ dos tributos compartidos; é dicir 8.910 M€. A isto hai que sumarlles os 2.065M€doutros impostos (sobre sociedades, primas de seguros, de tráfico exterior, de rendas dos non residentes, etc.) cuxos datos non viñan incluídos no Informe de Recadación Tributaria, polo que ó final os galegos aportamos 10.974,4M€ en total. Resulta que como vos adiantaba no primeiro parágrafo non necesitamos do seu Fundo de Suficiencia, son eles quenes se quedan con case 2/3 dos nosos impostos. Non é por repetirme pero hai que destacar que aí faltan, entre outras cousas, os cartos das empresas que tributan fóra e que serían nosos nun Estado Galego.

Tamén se nos intenta vende-la igualdade deste sistema que pasa por alto a diferenza de desenvolvemento entre unhas comunidades e outras froito da falla de inversión ó longo da historia, “porque esto es Africaaaa”. Deste modo pártese da distibución simétrica (dannos a todos o mesmo) para chegar a unha suposta equidade e que todos poidamos ofrecer a mesma calidade de servizos; cando o seu sería partir da asimetría (dar máis onde máis se necesita) e chegar a esa “pretendida” simetría final en tódalas CCAA. Non é porque sexamos uns esmolantes, é que nolo deben despois de séculos chupando do bote sen facer apenas investimentos no noso país.

Advertisements