O viernes, festividade dos Dolores, os cofrades da orde da santísima trialera furada procederon á tradicional procesión do ruido.
As velas non están permitidas no monte así que nos iluminamos artificialmente para celebrar a nosa devoción a Nosa Señora das Dúas Rodas.
Quince foron os integrantes da comitiva nazarena, nun grupo variado de valientes. De 8 a cuarentepico anos, dúas mulleres e algúns estrenándose como costaleros nocturnos.

Non é o noso primeiro periplo nocturno, pero seguimos tendo problemas técnicos en cada saída: xente de poucas luces, linternas que se caen, pilas que se agotan….
Saímos xa con noite pecha, esquivando polo centro aos espectadores desa outra procesión máis tradicional e urbana que se celebraba no centro de Cangas.

Subiuse pola ruta do memorial 2010 pero, tras a mítica rampa do 30%, seguimos pola pista en dirección a San Cosme, dándome posibilidade de ensinar un pequeno e divertido sendero case imperceptible polas sombras nunha zona húmida e tenebrosa de Coiro. Antes da capilla subimos á dereita, en dirección a Meiro.

En canto enganchamos a estrada de Hermelo, o destino deixou de estar xa nas nosas mans. Tratei de desviar á xente de volta cara o monte pero os meus esforzos foron baldíos, unha terrible forza conduciunos irremediablemente ás tabernas de Hermelo. A lúa exercía unha terrible influencia paranoide que nos obrigou a meternos urxentemente a cuberto nunha taberna.

Era moi tarde para a de María pero máis arriba (Bar a Cruz) non tiveron problemas por atendernos case á medianoite. Deuse paso ás deliciosas racións de carne, viño, chupitos….. e xa sabedes a onde conduce todo isto. Uns brindis polas nocturnas e pola bici, mentres se iba acumulando entusiasmo e valentía para as seguintes baixadas.

Subimos á cruz para volver á aldea nunha primeira baixada, despois ó Paralaia para pasar á parte máis electrizante da ruta. No tramo que baixa ata a zona encharcada, houbo un percance, unha caída sen importancia, de consecuencias máis morais que físicas.
As trialeras que van ata a catarata rozan o criminal para facer con nocturnidade pero chegamos máis ou menos enteiros ó río. Aínda non nos chegou de emocións que lle metemos unha trialera máis para acabar na Igrexa de Coiro.

Chegando a Cangas sobre as 3, pareceunos, esta vez sí, hora prudente para retirarnos evitando así comezar xa o fin de semana demasiado perxudicados como para levantar cabeza.
En resume: diversión, bici, exercicio, viño, boa comida, chupitos, monte e amigos. Para que despois digan que non sabemos divertirnos…

Acabamos algúns maravillados das temeridades nas tremendas baixadas e outros escandalizados confimando que: baixamos menos trialeras os domingos que esa noite. Pero, que carallo, se foi demasiado podían quedarse paseando velas por Cangas, jejeje.

Advertisements