Déixo 3 fotos da Seimeira de Vilagocende, na Fonsagrada.
De volta da Fonsagrada nunha pequena excursión de tres días só quería decirvos que agardedes un pouquiño e nos próximos días compartirei fotos e impresións desta maravillosa terra.
Por agora só unha anotación. Non puiden levar a bici pero percorrín a pé algunhas zonas que serán auténticos paraísos para a btt.
En particular adxunto enlace a unha ruta do wikiloc, e non hei morrer sen facela.
É dura, xa que as subidas contan cun chan pizarrento que aumenta a dificultade e o reto pero….. a parte baixa percorre o canón do río Navia e comezo do encoro de Salime. Xúntanse montañas espectaculares tipo Ancares, canóns tipo Sil, bosque de ribeira das Fragas do Eume, bosque mediterráneo Ourensá, aldeas perdidas do Courel.
Por certo, eu creo que faría a ruta ao revés de como está indicada, con baño final na incrible fervenza e e poza de Vilagocende.
A ruta non ten grandes dificultades técnicas pero creo que ben merece unha quedada popular. E se a estancia é no camping da Fonsagrada, tamén contaredes coa familiar acollida de Xosé e Manuela, e mesmo un avituallamento na praia fluvial da Pena do Inferno, onde teñen un chiringo e colle de camiño.
A ruta foi colgada no wikiloc por Santiso, eu fixen algúns trozos a pé nestes días e creo que o lugar merece a pena. Son 49 km de gran dureza e inigualable beleza.

Pincha aquí para ver o enlace orixinal colgado por Santiso no wikiloc e poderás descargalo para gps

Tamén podes velo directamente no mapa.
enlace ao mapa

Advertisements