Chegamos á Fonsagrada pola tarde pero os longos días de Maio permítennos sacar moito proveito do día.

A recomendación de Manolo, o do camping, é que visitemos a semieira (fervenza) de Vilagocende e a praia fluvial que hai a carón de Naraxa.
As indicacións lévanos a un camiño. Deixamos o coche e a exploración lévanos ata unha fraga húmida e escura que enche o fondo dun estreito canón tapando calquera posible entrada de luz. Uns poucos paseantes volven lentos e satisfeitos en sentido contrario. A val é moi fondo e vaise estreitando entre paredes pizarrentas. O río é interrompido por unha parede vertical duns 30 metros de altura formando a fervenza máis espectaculares que vin na miña vida. Tan alta como a do río Toxa, na Estrada, pero esta fervenza e máis caudalosa, ruidosa e cae sobre unha gran poza nunha fraga encantada. A humidade da auga que flota entre as vellas árbores fai que a temperatura baixe e o rebumbio semella deixar de tapalo todo cando levas un rato: parece o lugar máis pacífico do mundo.

Nun sitio así separámonos instintivamente disfrutándoo a soas: mollando os pés, sentindo a cara mollándose, tocando o musgo das árbores e probando a auga da fonte. O recuncho máxico transportounos no tempo e a longa viaxe en coche ata a Fonsagrada xa parecía quedar moitos días atrás.

A baixada ata a máis profunda aldea da Fonsagrada lévanos á praia da pena do inferno. Buscamos un chiringo, a onde só se pode chegar a través dunha ponte colgante. Unhas cervexas na mesa de pedra, a carón do río, e a Manuela amosándonos a desfeita da auga no cauce do río pola tormenta do día de reis.

Na volta á Fonsagrada coñecemos mellor o ambiente da noite do venres. Probamos pinchos e viños para facernos fortos nun pub, rexentado polo “camarón”, quen ía poñendo unha desquiciante sucesión de coplas, rock, salsa, tecno, flamenco, cumbia e sabediosquemáis. Xente orgullosa e amable falounos do seu impresionante pobo e de como pasalo ben, e dou fé de que aproveitamos os seus consellos.
Non hai necesidá de estenderse no acontesido durante a o copeteo nocturno.

Advertisements