E por fin chegou, 9 de Xullo de 2011, tempo de rutón polo Morrazo, tempo de poñer a proba os nosos corpos e a nosa determinación.
Poño fotos de Racso, Raíñas e Jose Bike; tamén o vídeo de Fchapela para alixeirar o tostón.

Toda semana tivemos aos gurús do tempo mareándonos con cambios nas súas cábalas meterolóxicas. Pero que carallo, mal vamos se nos sorprende que chova en Galicia. Debecíamos por unha auguiña que sacase o polvo do noso camiño, pero xa sabedes, hai que ter coidado co que desexas, pódese cumprir.

Todos os vráns está o Morrazo precioso e neste día, non podía ser menos, os montes locían esplendorosamente cubertos por unha xenerosa néboa que nos agachaba os segredos desta natureza privilexiada que nos rodea. Máis bonito estaba con esa panda de bos amigos que se achegaron a dar cor a este día gris.
Aínda así, as baixas foron escasas e roldábamos os cuarenta pantasmas na névoa. Encollidiños baixo as árbores pero alegres da aventura qe se presentaba. Amenceu como se esperaba, con chuvia suvae pero incesante. Fómonos xuntando con inusual puntualidade e armámonos de valor para afrontar un día moi longo.

Os primeiros kilómetros foron por pistas coidadas, primorosas e cómodas gracias á chuva aínda que os músculos estaban fríos e perezosos. A xente adiantábase a facer fotos e vídeos antes de castigar os corpos. Tuchis era a liebre dun día que lle sería aciago.

Andopor pechaba con Jose Ramón, no seu quad, ao que hai que agradecer que aparecese de forma voluntaria, desinteresada e inesperada. A avería de Tuchis ponme a min e Si-van-si marcando ritmo máis suave do que esperábades.

Tras dez kilómetros chega a primeira ascensión seria que pedían as pernas pero pronto nos metémos no beque. Aquí temos unha sorpresa desocoñecida cunha rampa de máis do 20% que daba paso a sendeiros recollidos, duros e encharcados da Fraga de Moaña. Xa me din que se van ser así os 95 km, sería exaxerado, e lojo esperabades un paseiño? Os montes están tapados e comparto con sorna as vistas que non hai dende os miradores. Algúns celebran a descrición e botan de menos a longa sequía que nos castigaba.

Outra vez con Tuchis á cabeza seguimos non-vendo as maravillosas panorámicas da pista ata o Lago de Castiñeiras, onde un par de averías alargan a parada. Uns gusanitos no chiring son o máis reconfortante para deportistas exemplares coma nós. O descenso a Marín estaba emocionante e perigoso. Moi resbaladizo, cheo de pozas e tolos con ganas de emocións fortes. Os de Laracha, algúns xóvenes veteranos do Morrazo e algún tolo máis non perdoa nin as partes máis delicadas, que evitamos os sensatos.

Tras tres ou catro caídas sen importancia para comézar xa subida máis longa do día. Altérnanse rampas duras e decansos, con tramos de asfalto e terra, igual que a chuvia se fai intermitente.
Na zona máis alta e aberta de Monte Vermello seguen sen asomar as vistas da ría para consolarnos na imposible rampa final… bueno imposible non, como nos amosou ghopi.

Os camiños rezuman auga e invitan a darlle duro ata chans, á empanada, plátanos e refrescos. Aquí unha panda de seres irrecoñecibles cubertos de barro tiritan no mediodía de verán. Mágoa de birras, dime algún experto en nutrición deportiva, tomamos nota. Dannos noticias de Cangas: leva varias horas sen chover, e case despexado… e nós celebramos a primeira parte da nosa xesta.

A enerxía coa que saímos estíranos e provoca un pequeno caos cruzando as terras de Hermelo. Uns fans kilómetros de máis quiados por Quiños, outros atallan por proposta miña, hai que sen perde e tamén hai que se retira a pensar como superarse o ano próximo.
A Portela anticipa un mundo de barro e auga, pero despois veñen as divertidas baixadas ata Tuia, que lucen máis coa auga caída. Pero aquí Tuchis sofre o percance definitivo ao escordar o seu traicioneiro nocello.

Jose Bike é atacado por unha enorme e terrorífica.. abella e as bromas pasan a preocupación cando o labio se lle incha sen compaixón. É que os bichos do morrazo somos cousa mala. Do km 50 a 70 teremos algunhas retiradas. O resto, en Aldán, tomamos os sabrosos bocatas para preparar o duro camiño romano do Hío. Como sa andaba seco, algúns puidemos subilo do tirón, a costa de serios riscos cardíacos.

Baixando a Donón xa superáramos o máis duro, as mellores vistas non se nos escapan outra vez e o sol comeza a debuxar sorrisos nas caras sucias e fedorentas. Dewi cae deslumbrado pola confianza pero só serán raspóns moi molestos para uns días.
Chegamos ata os faros de Cabo Home, xa un pouco tocados, e quédanos as zonas de area, con baixadas pedaleando, e pequenas subidas matadoras. En Liméns baise o grupo que non subíu o coche ao instituto capitaneado por unha das liebres, Doneciño, que envexa!

Comezamos a última subida para chegar case ás 9 da tarde, conforme ao peor horario previsto pola organización.
A min, esta versión do Gr pareceume máis dura que a do ano pasado. Pero tamén é máis divertida, variada e completa. Sen dúbida mellor.

Só nos queda aprender dos erros buscando a forma de parar menos, quitar asfalto, atendervos mellor e que así acabe tendo esta kedada cada ano tendo máis adeptos.
Gracias a todos por vir.

Advertisements