Xa que me metín a comentar o petroglifo de Abelaires, podemos entrar tamén co de Pinal do Rei. Está na mesma liña montañosa, no outro lado, a uns 2 km, na cara sur en lugar da norte.
É doado de atopar. Está en Montecarrasco, entre o colexio e o instituto, xusto enriba do campo de fútbol, no lado do instituto. Está rodeado dun muriño circular de medio metro de altura.
No petroglifo de Abelaires comentei o que se vía, neste só se pode falar do que din que se ve: dinlle voltas pero só distinguín algunha marca curva e buracos inconexos. Os expertos din que hai isto:

O petroglifo está, igual que o de Abelaires nun chan duns 200 metros de altura, pouco fértiles pero fáciles de cultivar cando aínda non se coñece o arado.
Nos dous casos hai cerca un castro, xa dixen que eran posteriores, aínda que a altura moito maior. O de Liboreiro, cerca de Abelaires e o de Castelo, preto de Pinal do Rei, roldan os 300 metros de altitude.
Xa comentei que en xeral os petroglifos non sobresaen moito porque non están feitos para ser vistos dende lonxe. Sen embargo, cando teñen figuras de persoas, animais e instrumentos soen estar en pedras máis saíntes. Nunha especie de antecesor do escudo de armas, vemos como un señor, con maior status social, presume das súas armas, habilidade na caza ou instrumentos metálicos. Estamos falando do século II-III antes de Cristo. Comezan a manexar o cobre, non fan con el instrumentos prácticos para o traballo, pero sí achegan prestixio social.
Pouco despois, comezan a manexar o ferro e sí se usará con fins máis prácticos.
A aparición dos símbolos de prestixio coincide oa aparición das cistas, enterramentos individuais, froito tamén da aparición dunha especie de estrutura de clases. Os enterramentos en cistas soían ir acompañados de xoias, armas e instrumentos, que confirma o vínculo entre enterramentos individuais e prestixio social. Tamén hai que aclarar que non é descartable que houbese xoias ou adornos nas mámoas (enterramentos colectivos) pero a verdade é que foron todas saqueadas.
Volvendo ao Pinal do Rei podemos ver cervos con esaxerados cornos, algúns cazadors e outras figuras difíciles de distinguir. Os cervos que están sós van en fileira mentres ante os cazadores fuxen desordeados. Non están representando os animais como símbolos ou deuses senón que són esceas en movemento, loubando a habilidade e riquezas dos membros de maior prestixio. Noutros petroglifos, que salientan tamén do terreo, vense puñais, arcos, tixolas, xoias e todo tipo de elementos para amosar a grandeza dos primeiros líderes das aldeas galegas.
En épocas futuras as aldeas faranse sedentarias en castros. O que aínda me pregunto é a razón de irse a sitios tan elevados, cando unha das claves da riqueza que conduce ao seu desenvolvemento é a explotación das terras baixas dos vales grazas ás novas técnicas e ferramentas. Haberá que seguir investigando sobre as terras de influencia de cada castro.

Advertisements