Aínda non lín nin oín un miserable comentario sobre o Steve Jobs que non me producise arcadas.
Veñen con máis colores, máis planos ou máis redondos, ou con menos botóns, ou con novos tamaños innecesarios e absurdos. Mais delicados, brillosos, con máis funcións innecesarios. Aíllame do mundo, dame diversión e relación na man. Que máis dá, todo cola. Reproduzo música que vendo en exclusiva, caro, incompatible, pechado (acordádevos do código aberto), inactualizable, non se pode axustar só tirar e comprar.
Mundo frívolo e materialista. Felicidade inmediata e insustancial. Consumismo que da pracer ao instante para presumir e ao mesmo tempo sentir a incerteza de verse superado en calquera momento. Aplicando a moda para cobrar sobreprecios por trebellos con obsolescencia programada. Novas utilidades para aillar do do lado e crear vínculos extraños con extraños. Aplicacións de xogos simples e repetitivos, velas virtuais, pelotas virtuais, lugares virtuais, todo só e pechado nunha habitación.
Sé feliz sentíndote á última, disfruta facéndote fan incondicional, adora ao máis cool e olvídate que non é máis que o símbolo máis prominente, evidente e asqueroso do consumismo máis degradante. Ala, a adorar a Steve Jobs chalaos.
Eu non sei se é boa persoa ou mala, non dudo do seu triunfo (ao meu parecer a maioría os que triunfan non soe ser gracias a seren grandes persoas). Do que non teño dúbida é de que representa algunhas das peoras cousas deste asqueroso mundo de apariencias en que vivimos.

Advertisements