En xeral repéleme escribir sobre temas relacionados co meu traballo. Non sei é debido a que semella que estea a alargar a xornada laboral ou que traballando nun asunto que che fascina fai que acabes por aborrecelo e evitalo.

Decidín facer un esforzo para ver se fago por aclararme, ilusionarme ou aliviarme da tensión acumulado co que alí non podo dicir ás claras.

Achego a miña visión, como sociólogo crítico, sobre a investigación social, investigación de mercados e sobre o marketing e a publicidade. Comezo polo sector público, que me é máis familiar.

Comezarei polo que me soen preguntar: sirve para algo? Acaso os xestores non actúan por intuición e encargan estudos para xustificar decisións tomadas previamente e porán en cuestión a súa validez se o resultado non é o esperado? A administración toma en conta algunha das investigación que encarga? Ti cres que son fiables? Cambiaría algo si se deixasen de facer eses estudos (aparte de irdes uns cantos máis ao paro)?

Fago unha división baseada na intencionalidade que percibo nos demandantes das investigacións. Non pretendo ser riguroso senón dar conta das grandes tendencias nos estudos sociais pagados con cartos públicos:

–          En primeiro lugar están as operacións estatísticas que son imprescindibles para certos cálculos sobre necesidades, presupostos, infraestruturas ou servizos como o PIB, o IPC, o paro, a poboación, porcentaxe de vellos, enfermos, desprazamentos, visitantes, distribución xeográfica, gasto. Aparentemente serven para elaborar e distribuír os presupostos segundo capacidades e necesidades da poboación e as súas tendencias. Non sei en que medida os datos son tidos en conta, pero a súa intencionalidade é esa. A capacidade de manipulalos é limitada e o nivel de profundidade no análise é nula: o único que importa é a precisión na recollida e validación. Nada de creatividade nin descobrementos, non se atopará máis que eses indicadores políticamente correctos para medir o estado das cousas.

–          Estudos sociais sobre problemas particulares: soen ser patrañas destinadas a dar relevancia a un fenómeno e así atraer máis cartos para un grupiño. Son estudos interesados e case sempre sen profundidade algunha. Utilizan enquisas para presumir de rigor, cando é ao contrario, a enquisa sen fundamento, sen xustificación, sen traballo previo é unha manipulación burda que só desprestixia o propio método. Son o reflexo de loitas de poder entre lambóns que queren máis cartos na súa parceliña. Esta clase é seguramente a maioritaria non estudos que se realizan.

–          Estudos de opinión: sirven para ocultar a diversidade, para que te sintas só e extremista, un energúmeno se non andas pola media. En realidade media non é máis que o resumo dunha diversidade enorme, en sí mesma non informa de case nada. Pero o seu uso interesado fai que te sintas socialmente aillado e a contracorrente. Iso está ben visto en certos grupos pero tende a ocultarse en público reforzando esa falsa sensación de homoxeneidade. Os estudos de opinión, tal e como se fan, son unha poderosa ferramenta de control social, de arrinconamento do raro para que non poida sentirse seguro nin respaldado, para que aparte do medio cara loitas menores.

–          Estudos con fins academicistas: son estudos que forman parte de investigacións moito máis amplas para organismos sectoriais, ministerios, universidades, institutos e outros chiringuitos. Chama a atención que xentes supostamente cultivadas (e abonadas seguramente) fagan case sempre un uso moi superficial da investigación. Soen ser semellantes ao caso nº2. Teñen unha idea de partida, unha teoría e queren xustificala. Así que prefiren un método ríxido e pouco creativo, que diga si ou non pero sexa difícil de discutir. Faise unha enquisa e analízanse os datos a un nivel estatístico tan avanzado que xa non se sabe a que se refiren ou dunha forma superficial que non informan de nada.

–          Estudos temáticos sectoriais: neste campo puiden ter algunha interesantes satisfacción dentro do campo hermo e absurdo de toda a investigación que vimos de describir. En ocasións hai unha consellería que quere saber sinceramente como funciona algo, quenes interveñen e como; permiten utilizar unha metodoloxía complexa que ademais de contar (enquisas) trate de interpretar (cualitativo) o que pasa e como o viven os propios implicados. Normalmente permítense estes deseños abertos cando se trata de consumo.

De todo o dito cabe destacar que no sector público predomina a realización de enquisas para describir o estado das cousas. Péchanse a recoller o diverso e a que na investigación aparecen descubrimentos sorprendentes. Son instrumentos para o poder, para racionalizar e xustificar decisións disfrazándoas de tecnociencia.

Aínda calquera recoñecerá que estamos influídos socialmente de forma inconsciente o pola publicidade, negámonos a recoñecer que estamos individualmente afectados. É un fenómeno traumáticos que negamos encarecidamente. Mentres non sexamos capaces de recoñecer sinceramente estar afectados subconscientemente polo marketing non seremos capaces de dar valor a ningunha investigacións superficial e que contribúe precisamente a ese control social impulsado para o marketing político e económico.

Por suposto, o próximo artigo, sobre como exercen ese control inconsciente, ese sí que é un tema realmente interesante.

Advertisements