Sempre queixándonos do consumismo, dun mundo superficial e individualista, do poder das compañías e multinacional, da manipulación: pero como? Só actúan mediante a publicidade ou ata onde estenden a súa influencia? Os medios de comunicación, colaboran con eles a través da publicidade, ou tamén de forma sútil e mesmo inconsciente? A clave está na educación?

Pero, como se constrúe a un consumista?

Para xerar desexos créanse antes necesidades. Créanse de onde non as habían destruíndo as formas previas de satisfacelas.

Todo comezou coa revolución industrial. Créanse cidades grises e inhumanas, ateigadas de descoñecidos sen recursos de protección social, sen cultura cidadá ou de barrio, sen regras nin tradicións. Crean infernos e precisan por tanto comezar a deseñar ferramentas para substutuír todo o que un entorno tan hostil lles quitar ás persoas: unha cultura cidadá, novas institución de control social, normas, escolas, cárceres…

Así comezou todo e así continúa. Os científicos sociais mellor intencionados non se adican a investigar como mellorar o benestar de certos colectivos senón a correxir as deficiencias desta forma tan inhumana de vivir.

Así funciona todo: o sistema aílla, afasta, desculturaliza, xenera medo, desconfianza, separa…. Despois ofrécenos bens para simular unión, cercanía, coñecemento, seguridade… máis ben véndeos e nós, nos inhumanos entornos que estamos, consumimos eses sucedáneos que só son simulacros de humanidade que parecerán obsoletos e cutres en dous días.

Baixo o dogma, falso, de que é o único sistema que pode cubrir as nosas necesidades materiais, toleramos e simulamos non percibir un sistema pobre e inxusto. Pero o grave non é iso, porque calquera outro que coñezo aseméllase, o punto crítico está na necesidade de destruír a cultura e redes sociais para crear ao ser hiperconsumista, capaz de valorar bens superfluos como se substituísen a comunidade humana que é o que realmente arela.

Creedes que a sociedade actual é capaz de satisfacer as verdadeiras necesidades humanas? Creedes que se así fose entregaríamonos ao consumismo en lugar de disfrutar e coidar dos nosos?

Non nos regalan benestar, quítannolo para vendernos algo frustrante para ternos como canciños pendentes das maravillas que nos ofrecerán os nosos amos.

Advertisements