Polo visto hai grupos que tentan presionar e ameazar a políticos para influír nas decisións que, como representantes saídos das furnas, deberían tomar de forma autónoma e libre. Cando se votaron, en cada ciscunscrición, os representantes deberían estar á altura desa responsabilidade procurando participar nos órganos para os que foi escollido sen presións externas, se non son quen, que renuncien.
O problema radica en que estes representantes sofren o acoso, ameazas e presións para seguir unhas directrices de votos moi concretos. Son controlados, vixiados e sinalados se tentan actuar pola súa conta.
Evidentemente estoume referindo á presión dos partidos políticos, que son os auténticos dictadores porque “dictan” coa disciplina de voto, que en caso de non ser seguida implicará a busca de trapos sucios e intereses escuros para desacreditar, castigar e eliminar de todo cargo público aos políticos que non sigan os mandatos da dirección do partido.
Se o único valor que ten un escaño é o seu peso na proporción que consigue o partido no parlamento, podemos substituír o parlamento por un representante de cada partido, en que o seu voto ten o peso proporcional de escaños conseguidos e evitarnos a pantomima dos debates que só son paripés fronte á opinión pública. Esta solución eliminaría esa máscara para aparentar democracia que son os supostos debates públicos parlamentarios, unha coartada para dicir que é democracia. Iso non é democracia, é a partitocracia en que o debate é privado, e prodúcese con empresarios, banqueiros e poderosos grupos de interese, de costas ao pobo.
alemania-nazi-PP_EDICRT20130416_0002_1
Os escraches fan visible que cada político é responsable do seu voto como responsable dunha circunscripción e poñen á vista a falta de liberdade que teñen debido presión do partido. Os escraches individualizan a responsabilidade porque así é como deben verse, como o que son, todos e cada un deles. Os escraches non presionan senón que alientan a que o político sexa independente, anímao a reflexionar sobre o seu papel e fan presión contra as forzas de control público que pretenden levar ao representantes político escoltado dereito ao parlamento para alí ser utilizado como marioneta. Os escraches só queren dignificar aos políticos facendo visible a contradición á que están suxeitos.
Bueno, evidentemente o que escribo é irónico porque os políticos ben saben onde se meten e por qué, pero espero realmente os escraches axuden a facer público o evidente e por tanto a combatilo: non hai democracia sen liberdade de voto dos elexidos, é imprescindible unha participación activa da cidadanía na toma de decisión xa que é técnicamente doado (e faise en moitos países) e que aquel político que crea que non pode votar en liberdade, que renuncie de inmediato.

Advertisements