O 9 de Xuño a presencia do Morrazo foi escasísima na marcha de Mos. Gustaríame saber cantos tiñan previsto rodar e asustáronse pola poalliña, que tan lindos deixa os camiños.

Ás 8 embarcou na furgo unha pequena representación de Coiro para chegar case os primeiros, a iso das 8.45, a Mos. Inscribímonos sen presas nin aglomeracións e fixemos tempo charlando sen atopar a ningún Bikeounonvai, O Facho, Raposo, THC… Xa imos collendo posicións para arrancar nunha boa zona e baixar a gusto e alguén nos saúda por detrás… Bisabuelo. Que faltase medio minuto para cerrar inscripcións non o puxo nervioso, e tiña tempo para bromear, contar cantas hectáreas desbrozou onte, que lle clavará a muller se o 7 de Xullo (aniversario) escápase a facer o GR.
Imaxe
Habería uns 300 bikers arrancando nunha mañán fría para ser Xuño pero sen choiva ata o km 20 pero sempre con névoa. Poucos saímos de corto, e pasamos frío nos primeiros 4 ou 5 km, que foron case todos asfalto, moi rápidos enredando por Mos. Este ano non subimos á zona do CUVI, baixamos cara Porriño e collemos pistas e máis pistas, sempre pistas arriba, pistas abaixo, pistas no llano. Pablo, máis forte ca nunca, tiraba de nós con enerxía, adiantándoos a ducias. Sechu e máis eu preguntándonos pola rabia coa que pedaleaba, seguíndoo a poucos metros.

Nun llano, sen nada de nada, Marajota quedouse mirando musarañas e foise ó chan… resultando cun bo mazazo no xeonllo bastante doloroso para toda a ruta.

Imaxe Tras unha larguísima subida, seguida dunha baixada perigosa xuntámonos cos que viñan atallando pola ruta corta en un par de quilómetros chegamos a un avituallamento ben surtido descubrindo que estabamos cos 30-40 primeiros.

Imaxe Continuamos rápidos no medio dun neboeiro que xa era máis ben poalla e seguimos co interminable pisteo. Só nos km 30 a 35 houbo algunhas baixadas de mérito pero ningunha trialera. Eran camiños rápidos e estreitos de curvas entrelazadas pero nada realmente emocionante.

Imaxe A menos de 4 km do final collemos o grupo de cabeza, duns 20, e o que faltaba era maioría asfalto. Chegamos case primeiros, sobre as 12.40 e practicamente 40km, e puidemos lavar pronto as bicis, ducha quente abundante, bocata de xamón con birra e antes das dúas estabamos na casa.

Imaxe E Bis, eu que sei, aparecía, desaparecía, pasábanos, quedábase. Xa sabedes, ao seu xeito.

Advertisements