O Partido da Terra

Comparto con vós aquí un proxecto moi ilusionante no que ando metido. Bueno, apenas metido, como cando mollas o pé na auga domar e aínda non sabes seguro se te vas meter. Ata que chegas á ingua, todo é posible.

Cóntovos de que vai o asunto: neste enlace aparece mellor explicado que ao meu xeito.

http://vigo.mancomunidade.org/2014/04/05/faq-sobre-o-partido-da-terra/

A democracia directa, é posible ou unha ilusión inxenua? Esta pregunta é de risa, tendo en conta todas as posibilidades que existen hoxe en día para comunicarse, debatir, votar e presentar propostas. Pódese facer en persoa ou on-line, no momento ou de forma anticipada.

Isto é demasiado tempo perdido, que se ocupen os políticos: de verdade pensas iso? Estamos tan acostumados a que o útil non sexa satisfactorio (casi ninguén está orgulloso xa do seu traballo). Pois si, en qué mellor dedicar o tempo que a decidir en comunidade. E se de paso coñeces aos veciños, colaboras e volves a ter un sentimento de comunidade que desalenta esa anónima forma de vivir en bloques de edificios, igual gañamos moito máis do que pensamos. De verdade é tan importante e divertido ver a última película, partido ou novidade tecnolóxica? Se o noso ocio máis preciado é consumir e consumir, e tirar, e desprazarnos, ó ximnasio no coche, ver aventuras na tele dende o sofá, facer como que nos comunicamos copiando e pegando slóganes no facebook…

Precisamos políticos profesionais? Quizais precisamos técnicos para asesorar en temas complexos, para explicar pros e contras das decisións. Quizais fan falta outros funcionarios que solventen temas administrativos e procedimentais pero… iso sempre o houbo, só que agora con menos enchufismo.

Cal é a forma natural de organizarse en Galicia? a que nos faría sentir cómodos e que entendemos os problemas dos que nos falan? O noso barrio, a nosa parroquia, a comarca. Todos estas entidades con pouco calado legal teñen multitude de organismos que perviven a pesar do ninguneo e desprezo. Os veciños cos que compartimos interesentes ou solidadariedaes, a parroquia coa que organizamos o territorio en común, a comarca como espazo de intercambio socioeconómico habitual. Eses espazos definiron sempre a nosa vida, e a administración bórraas a prol dun sistema ríxido, centralizado e tutelado. Rachemos esas cadeas!

Este é o enlace do Partido da Terra de Vigo. A ver cando montamos un no Morrazo, non?

http://vigo.mancomunidade.org/

Advertisements