Esta segunda etapa do noso Vigo-Ourense foi para min espectacular: bonita, doada e variada. Un escaparate de 55 km, inigualable da Galicia fluvial e rural, Ourense auténtico polos catro costado.

Tras unha noite reparadora no rañaceos de Cortegada, o edificio de catro plantas domina maxestuoso o pobo como a torre Eiffel sobre París. Arranxamos contas con 19 de dormida, 10 de cea e cada un o seu almorzó, quedounos moi amañadiño e tratáronos como reis.

Imaxe

Todos puntuais ao café e biscoito para dar saída ás 9, esta vez sí, unha hora razoable. Outra vez atoparíamos a meteoroloxía do revés, porque daban nevoeiro e poalla pero apenas estaba nublado. Baixamos á preciosa zona do balneario e nos fixemos unhas fotos no romántico edificio que se reflexa no Miño. Mágoa que aínda estivese pechado.

Imaxe

Dende o primeiro instante notamos as insoportables molestias nas posaderas. Semellaba que nos azoutaran o cú durante toda a noite, por dioooss, que horror! Fixemos todo tipo de posturitas para ir de pé sobre a bici o máximo tempo. Aínda que había un que dicía que o sillín do Lidl facía maravillas, eu creo que en realidade levaba máis amortiguación tamén a parte superior, é dicir, unhas nalgas máis acolchadas, jaja, é o que teñen os pesos pesados!

Imaxe

Íamos recoñecendo o camiño a cegas, no ensaio desta parte do percorrido tomamos a estrada porque iamos moi xustos de tempo. A ruta arranca por un marvilloso carreiro de 2 quilómetros entre fragas vellas de árbores variadas, pegadísimos ao río que repousa maxestuoso, xigante e pacífico nesta zona. O carreiro alternaba escalonciños coados, pontes de madeira, curvas pechadas e pasos estreitos. Abandónase este paraíso nunha petada corta para cruzar máis adiante o Miño por unha ponte romana. Pronto atravesamos unha aldea, e bosque de ribeira con merendeiro xunto a un regato e unha capeliña Aquí houbo quen non se resistíu a tocarnos a campá, con pouco arte, non vai para capelán. O camiño é bonito pero pronto se cerra e desaparece entre silvas, herba e outras prantas espiñentas. Empuxamos a bici e rascámonos, estrugámos e espabilamos os restos de pereza matinal en apenas 100 metros. Un pequeno tramo de asfalto xa nos conduce a máis pistas e carreiros entre piñeiros ou mimosas, máis ou menos sucios de maleza pero sempre doados de transitar e sen grandes desniveis.

Imaxe

Tras atravesar unha aldea chegamos á pista que chega a Ribadavia, pegadiña ao río Avia e sufrimos o primeiro pinchazo, tras máis de 130 km! Este tramo é un apacible paseo, levándonos á capital do Ribeiro e seguir despois por un sendeiro moi bonito entre Carballeiras, o sendeiro de Santa Clara. Aquí chegamos á miña parte favorita, alucinante, auténtica Galicia fluvial. A baixada cara o encoro de Castrelo de Miño comeza atravesando unha aldea preciosa con vistas de toda a imensidade de auga, e continúa por unha seire de carreiros entre vides e veigas, con curvas de 90 grados e grandes desniveis cara abaixo con algunhas pedras; un tramos de 10!

Imaxe

Seguimos por pistas completamente chas e pegadas ao río, que non aliviaban a dor de cú que nos torturaba máis e máis. Á veces por zonas despexadas e outras entre grandes árbores, vai pasando a mañán sen moita dureza. O entorno do balneario de Laias e cruce dalgunhas aldeas ían facendo que os quilómetros pasasen lentos pero tamén pracenteiros no día cada vez máis soleado.

Imaxe

Facemos un tramo de estrada e atravesamos polo medio de viñedos. Tivo que ser un erro de navegación ou loucura do que gravou o track, menos mal que non estaba o dono porque algunha vide igual saiu malparada. Metémonos finalmente no sendeiro fluvial que xa nos leva sen interrupción ata Ourense. É un paseo doado por camiño estreito e sombreado pero sufro de inmediato un pinchazo e, case chegando a Outariz, rotura de núcleo de Gaspi! Houbo que darlle uns empuxonciños e xa está, porque a nosa ruta rematou cerca destas termas. Pablo non tivo que sacar o seu truco de emerxencia para reparación instantánea de núcleos. O sol e a malleira que levabamos quitounos as ganas de pozas. Eran as 2.30 e só pensábamos xa na comida. Case perdemos a Tuchis a última hora, que seguía para Ourense mentres nos desviamos ao noso centro de operación, na Nissan, onde traballa Jose Barreiro.

Imaxe

Duchámonos rápido e saímos esfameados pero tocounos esperar bastante ata saborear o desexado churrasco nun eteigadísimo restaurante cunhas peculiares táboas para comer (bueno, algún non comería sen plato). Finalmente démoslle á mandíbula con enerxía, o porco estaba ben bo. Uxío quedou algo escaso, pero claro, un palleiro non se fai sen palla. Lis seguía cos problemas estomacais e conformouse con tortilla e ensalada.Imaxe

 

Xa volvemos en carabana por estrada e dirixímonos á nosa pensión de Cortegada a tomar o café e recoller os bolsos, despedíndonos tamén á nosa cociñeira preferida. Arranca a furgo, un coche… o terceiro non chega. Que pasa? Arrancaron sen Dewi!! case o deixan en Ourense, salíu correndo e axitando os brazos detrás do último vagón. Eramos 10 de 11, perder só a un era un nivel de precisión bastante aceptable.

Xa cansos arrancamos para Cangas, a onde chegamos sobre as 7 da tarde, con ganas de descansar sorrindo pola espectacular aventura que viñamos de vivir. Xa estamos imaxinando a seguinte!

Advertisements