Bota por fora


Eu digo que facer descargas ilegais está ben.
Habitualmente arguméntase o dano que se fai aos autores. Que non terán de que vivir, ou máis ben forrarse. Que o feito de poderse facer algo (descargar) non implica que debe permitirse (que está ben), que sería o mesmo que se permitimos na rúa roubar todo aquelo que non estea vixiado ou que se aceptase agredir a quen sexa débil ou estea indefenso.
Todo isto parte da suposición de que as creacións de música, literatura, cine, etc son intrinsecamente beneficiosas e por tanto deban defenderse. Supoñen deben existir esas creacións polo noso ben e por tanto requiren unha protección especial. É máis, aínda que non teñan proteccións especial, gozan do carácter de bens, de consumibles, de intercambiables, de vendibles e por tanto son parte dun mercado ao que temos dereito a telos á nosa disposición, e o perxuízo a estes autores/industrias limitará finalmente ese dereito de acceso porque freará a creación.
Non estou de acordo con esas afirmacións. Na miña opinión é necesario, urxente e curativo o inmediato apoio de que as creacións culturais deben ser de libre e gratuíto intercambio.
Algúns sociólogos da escola de Francfurt, a principios de século, sinalaron que a posibilidade da reprodución industrial das obras non era cultura e ademais matarían a cultura. A reprodución, copia, almacenamento e comercio eran aberracións contra o sentido da cultura. Estaban no certo e ademais na actualidade, coa decadencia máis radical da cultura, xenerouse unha tamén unha radical falta de respeto cara todos eses mercaderes da creación. Por iso descargamos sen pudor.
Se eu son un creador e teño algo que achegar porque son un xenio, fareino, déame ou non cartos. Simplemente porque en caso contrario, se enriquecerme fose a motivación, non sería un artista. Se creo por cartos e deixo de gañar cartos, abandonarei esa importante labor: así morras na miseria, porco engreído e manipulador! O único que fas é copiar e desprestixiar aos que realmente crearon o que ti só manipulas! Ti, co teu márketin avasallador estás afundindo nunha montaña de merda a verdadeira cultura e non nola deixas apreciar! Ti desprestixias de lixas anulando calquera capacidade de criterio para distinguir o auténtico do burdo plaxio comercial!
Se ao descargar merda masiva gratuíta, os mercaderes de produtos seudoculturais buscan outros negocios poderemos despexar o camiño do interminable torrente de veleno que se confunde con cultura.
Realmente fan falta eses millón para facer unha peli? fai falta esa promoción para demostrar que un músico e bo? fai falta vender millón de libros para ser escritor?
Os ídolos culturais non teñen que ser pijos acaudalados paseándose por programas e galas. Poden ser modestos e inquedos currantes que se arriscan con todo o que fan.
Viva internet e as descargas gratuítas. Viva a operación hixiénica que nos permitirá facer se deixan de meter a pezuña os políticos vendidos a industrias culturais e homoxeneizadores. A descarga gratuíta arruína industrias e farsantes. Fará que só a cultura sobreviva. Que se dediquen á especulación inmobiliaria, ao cotilleo televisivo ou a opositar.
Estamos ante un momento esencial. Internet pode facer revivir a cultura. A difusión é fácil, o farsante desaparece, o receptor elixe, comparte e valora.
Que vivan as descargas gratuítas, ostiaaaaa!

Advertisements

As mellores aldeas e pobos de Galicia están son abandonadas polo radical desprezo cara á tradición que se normaliza para motivarnos a adquirir e facer calqueira que sexa o seu máis absurdo e recente lanzamento comercial.
A falsedade do argumento da melloran que supoñen as novidades queda plenamente demostrado coas continuas voltas nostálxicas ao pasado, novas tendencias copiadas do pasado que agardaron a que desapareceran da nosa listaxe de bens consumibles para descubrir que están plenos de funcionalidade, calidade e atractivo.
As grandes casas vellas seguen a ser símbolo de poder pero as pequenas casas de aldea semellan abocadas a ser deixadas morrer antes de volver estar de moda. Precísase destruir antes de volver a construír nunha roda xirando no baleiro, Nunha sociedade en que a mellora das comunicacións, auxe de autónomos e telempregados, de inhabitabilidade das cidades, resulta que vivir en casiñas de pequenas aldeas segue sendo gusto de moi poucos.
Acostúmase a dar un estereotipo da vida no campo que centra a atención na independencia, os espazos, a escapada e o aillamento cando a vida da aldea, e a maioría das súas construcións, non responden en absoluto a esta percepción ignorante, simple e superficial.
Calquera aldea de Galicia ten un pequeno núcleo con casa pegadas entre si. A maioría poden ter terras detrás pero a maioría están a maior distancia, permitindo que sexan así núcleos bastante compactos.
Calquera aldea de Galicia, que conte cun puñado de habitantes, ten un nutrido calendario de festas e xuntanzas. Tamén calquera evento familiar fará partícipe, alomenos en parte, a toda a veciñanza. Por outra banda as visitas e pernoctas de amigos e familiares son constantes así que a vida na aldea ten un nivel de ocio e vida social abundante e pouco repetitivo en que se mezcla a festa cos negocios, mostras de deferencia social, alianzas e enfrontamentos. Non se trata só de percorrer locais con música atronadora e bebendo terribles bebidas senón que son eventos complexos e intensos.
Os poucos casos que coñezo de rehabilitación completa son auténticos paraísos moi demandados polos amantes da vida de calidade. No seu lugar caso máis común e a construción dunha fileira de chalés que serven de barreira visual e ocultan o núcleo aos visitantes casuais.
Se unha das razóns polas que hai que defender o idioma é porque ningún pobo debe sentir que ten unha cultura inferior, inútil, sentíndose así inseguro de si mesmo, acomplexado e tratado con soberbia, que podemos dicir das nosas aldeas? Acaso entenderemos a nosa cultura e forma de vivir sen os núcleos rurais tradicionais?
Quizais eu, procedente dunha vila de certo tamaño e crecente non son quen de criticar a actitude de abandono dos lugares con peores servizos, emprego, etc pero atrévome, sen dúbida a chamar imbéciles e paspáns a aqueles que nestes prósperos pobos costeiros renuncian ao sabor da veciñanza, da vida semiurbana por chalés adosados ou pisos en periferias das que nunca se sentirán veciños nin formarán parte dunha comunidade cunha mínima capacidade de perdurar no tempo.

Cando as tardes de verán están húmidas no Morraso, con esa espesie de brétema fantasmal que non se mira pero síntese, o que me presta é ir á ría de Aldán.
O bochorno peghañento é levado polo irregular pero insistente vento do nordés que trae cheiro a mar e refresca a tardes de verán. As caliñas con area gorda da ría de Aldán aproveitan a caprichosa costa para apuntar cada unha cara un sitio diferente. Sejún esa orientasión tamén será a inspirasión da praia: máis íntima, luminosa, cálida, familiar ou revoltosa. Os penedos se separan os areais están cheos de arneirón, lapas e mexilóns ademais de servir de refuxio para peixiños e alghunha nécora despistada.
Son praias pequechas, sen espazo para andar con tonterías. Un día destes terase que controlar o espazo a ocupar por persoa ou limitar por onde poden correr os demos en corpo de neno porque aquí o terreo é precioso por limitado. Eu non dijo que haxa que botar ao jodechincho, que tamén ten que vivir, pero que colla un pouquiño de sivilisasión antes. Unhas clases, unha reabilitasión para a sosiedá e, finalmente, un carné por puntos, que se retirará en caso de non comportarse adecuadamente nos areais do morraso. Por exemplo:
Nais berrando a nenos desatendidos, xogadores de pelota en baldosas imposibles, compradores compulsivos de absurdos complementos playeros que esparcen en parcelas ilimitadas, radioafeccionados listos para a absorción anal en posición transversal do aparello emisor de cancións de moda, parellas hiper sobonas e semiexcitadas, subnormais botando carreiras como se fosen cans, adolescentes chamando a atencións con berros de jaliñeiro, propietarios de asquerosos cans cheiracús, señoras exclamando ante a previsible temperatura acuática, saudadores de lado a lado da praia, adictas ao sol que desprezan os praceres do paraíso da ría de Aldán , fumadores incapaces de gardar unha colilla entre as incontables bolsas de mierda que arrastran…
Ide todos a tomar polo cú, quedade nos vosos microxardíns con piscinitas para o neno, con valados tapados pa ter intimidá, permanecede nos pisos hiperequipados si non sabedes comportarvos como persoas.

Esta locura está poñéndonos moi nerviosos, e cando no morraso no poñemos nerviosos… pasa o que pasa

“A historia do ghato metido nun saco, acontecida en Aldán segundo conta “El Pais”. Poño primeiro a letra para que vos poñades en situasión. ”
Isto escribino xa hai máis dun mes e digho eu, que carallo de falta fai consultar El Pais pa falar dalgho do pueblo? A veses non somos máis parvos porque non queremos.
Resulta que o señor Xabarín é fillo de Manuel da Ponte, autor da letra do gato metido nun saco. A cansión en cuestión fai referensia a catro individuos que son Pepe o pequeno, Antonio o pereno, Lito e charrúa e Serafín. Manuel da ponte é o único protagonista que vive na actualidá así que espero poder entrevistarme pronto con el e así ampliar informasión.
Por ajora só sei con seguridá que o gato en cuestión viña actuando pola zona de Aldán, entrando na casa dunha familia onde había un neno pequeno. Por moito buraco que tapasen, o gato sempre atopaba por onde entrar. Un día desidiron desfaserse del. Debía ser xente ben sensible esta xa que todos sabemos como nos solemos desfaser dos jatiños en Cangas. Quedaría para sempre recordado na celebérrima cansión, da que reproduso a letra original de Pepe o pequeno, así que ala, a cantar:

Hai un gato na lontreira
cunha grande enfermedá
dicen que lle cai o pelo
iso si que é verdá

Xuntaronse catro un día
os mellores deste barrio
colleron un gato a tiro
e o meteron nun saco

Ese gato era un artista
que actuaba na lontreira
e ahora é un bañista
na praia de castiñeiras

Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra da laxe
vai o gato metido mun saco
ai gatiño xa non volves máis

Que mal lle parecería
a calquera deses catro
que os meteran nun saco
como fixeron co gato

Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra da laxe
vai o gato metido mun saco
ai gatiño xa non volves máis

Suben por pintens arriba
todos cheos de razón
vamonos de aquí enseguida
que o gato alá quedou

Alá pola media tarde
cando os miramos vir
eses catro individuos
pa quen andan a pedir

Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra da laxe
vai o gato metido nun saco
ai gatiño xa non volves máis

Miña abuela Natalia tivo unha vida como as de antes: de traballar, sufrir e sacar adiante a prole nun mundo duro que desagradecido.
Era filla de pai emigrado e desparecido entre Galicia e Cuba. Embarcara cara outro lado do atlántico por segunda vez, de onde volvera máis pobre do que foi. Xa saíu desta volta enfermo esperando que os aires cálidos caribeños axuden á súa mellora. Esta desgraciada desaparición marca a vida dunha familia pobre labrega dunha aldea pegada á florecente vila mariñeira Canguesa. Xa de raparija ten que servir nas casas para axudar a que non os coma a fame. Cando casa, herdan poucas terras na aldea de Parada, que aínda estando lonxe de Cangas é unha zona fértil onde se dá ben o millo, o centeo e as hortas pero os terreos están moi repartidos e ninguén ten máis dunha vaca, un carro e unhas galiñas, só o xusto pa ir tirando, así que miran pa o mar, que é onde estaba a riqueza daquela.
O esforzo dun aprendiz de carpinteiro, que sería seu home, e a axuda de familiares fai que constrúan unha modestísima casa que aínda hoxe en día, completamente reformada, é ocupada por un neto e crece bizoso un bisneto.
A hora de camiño que leva chegar a Cangas é percorrido diariamente para vender riquezas da horta ou ir traballar á conserveira de Massó. Centos de mulleres traballaban xa na primeira metade do século mentres alimentaban á familia, tiñan conta dos críos e atendían unha casa. As redeiras, peixeiras, das conserveiras, mariscadoras… foron as mulleres de Cangas eran obreiras e loitadoras e aínda que escravas da vida, sempre ceivas e loitadoras de alma.
Cúbrense así as necesidades familiares polo escaso éxito de Jesús como carpinteiro xunto coa súa pouca habiliá pa aforrar e investir, que o levarían finalmente a traballar nunha fábrica conserveira. O xenio dun home que só a quería para el na casa fai que abandone a fábrica en canto a economía familiar o permite.
O marido xubílase prematuramente tras un accidente de traballo ao estoupar unha caldeira que deixa as que foran habilidosas mans de carpinteiro case inservibles para o traballo debido a unhas importantes queimaduras. O resto da vida de Jesús é mal humor, bar, ducados e augardente. O amargor descárgase a miudo con mal humor aínda que un día dicidíu quedar calado, e calou durante anos.
Ela saca adiante catro fillos que casan e viven por toda a parroquia e a visitan todos os domingos. Todos viven xa en relación ao mar aínda que as galiñas e lejóns seguen presentes nas vidas de todos. As festas de San Salvador enchen a casa de ruidosos netos, e algúns deles xa viven lonxe de porcos, burros e ouvellas así que cada visita na infancia é unha gran aventura cos seus primos de Parada que lles ensinan os segredos, os nomes, as prantas, o alcumes, os conflitos herdados entre veciños… Entre leiras, carballos e castiñeiros constrúense casiñas, tíranse pedras, róubase froita ou maltrátanse bichos.
Mentras os vellos puideron non faltou o viño da casa, o augardente, as a carne criada na casa e todo tipo de verduras e froitos. As sabroisísimas peras, e as xugosas claudias facian a ledicia de toda aquela troula de nenos que nunca deixaron botar a sesta como dios manda. Era mellor telos facendo troulerías polo monte que facendo ruído na casa.
Son de especial celebración as alegres xornadas en que toda a familia axudaba a botar e recoller as patacas, a vendimar, a sacar o millo ou debullalo, as hervillas, ver pasar o porco como un tolo cando lle abrían o cortello… Nestas xornadas cantureiras non paraba o rebumbio ata que caía a noite e os rapaces estabamos todos negros de andar a rebolos polas leiras.
Natalia era faladeira pero rosmona. Sempre andaba presta a botar bronca pa que os fedellos de Coiro non levasen aos curmás de Cangas a faser falcatruadas polas leiras, que despois non faltaba vesiño que botase en cara a leira que lle pisaron porque escapaba a pelota, as canas das judías que romperon para facer de lanzas ou as uvas que lle joderon.
A case sempre estivo preparada para dar fartura ás visitas. As castañas a asar na cociña de ferro, os ovos con pan de millo e as moreas enormes de patacas fritidas que acompañaban o churrasco do verán eran ledicia de todos os netos, menos entusiasmados co cosido invernal, a non ser polo chouriso. Sempre escapan os nenos á cociña pa coller algo ás agachadas. Ela botaos coa escoba na man poñendo terribles caras de enfado, como se non puxese as lambetadas á vista sabendo quen viña.
Xa nos últimos anos da vida fanlle abandoar a casa para que ningún dos vellos quede só nas longas tempadas que pasan alternativamente no hospital. Un ano despois de morrerlle o home cae ela enferma. Xa só penará seis meses máis vivindo de recordos mentres as pernas non lle responden e a cabeza sepáraa completamente da realidade
Onte morreu con 87 anos coa mesma cara recta e orgullosa que tivo toda a súa vida.

Andamos nunha espiral de perda de calidade no mercado laboral. Temos becarios e inexpertos que substitúen a profesionais ben pagados. Semella que o único persoal dun xornal é copiador de novas de axencias, recolledor de testimonios e buscador de basura internauta.
Un dos espectáculos dos últimos días amósanos medios de comunicación publicando novas que teñen despois que desmentir porque publicaron sen contraste ningún. Dende os mariñeiros do Alakrana que foron a terra ata o suposto violador dunha nena de tres anos. Detidos por atentados e violencia que non sabemos se son exculpados, un policía sofre un atentado que resulta que é claramente simulado, liberación dos secuestrados en Mauritania ou manipulación do perigo que supón unha simple gripe.
Seica xa só poden enviar xente aos partidos de fútbol ou a recoller eses noxentos testimonios pero non hai quen se documente ou recoñeza a fiabilidade de nada.
A inmediatez, o consumo rápido, o xornalismo basura é o principal reto para os medios. Aterrorizados pola competencia de Internet tratan de facelo máis e mellor que na rede cando o seu papel debe ser, agora aínda máis, o oposto.
O xornalista xenérico non debería existir. Cada quen debe ser experto nalgo (economista, politólogo, médico, sociólogo, historiados, empresario) e ter unha especialización en xornalista, un máster ou calquera desas changalladas que están de moda. Non debe deixarse as novas en mans de xente que non sabe o que están a dicir nin quen é realmente o que llo está a dicir. Este último punto é fundamental: un experto na materia debería ser quen de recoñecer os intereses e problemas de fiabilidade que arrastra unha infomación. Pola eliminación da carreira de xornalismo xaaaaaa!

Achego esta aportasión do amigho Mansamino porque creo que é clara, directa e acertada, disfrutádea:
As casas feas, ladrillo sen resebar, os muros de bloque. O resiclado de somieres, bañeras e mexadoiros. Os spantallos-bolsadoghadis, os ghaliñeiros improvisados con aramios osidados, os puzos de barrena cubertos con tablóns. A concatenasión azarosa de cortellos, as fendas tupidas coa lona neghra d’ensilar e as paredes sen pintar, ou pintadas coa cor q cadrou d oferta no aconomato. Eses montiños de area ou ghrava q botan décadas na eira aghardando polo remate da obra, e a scombreira embaixo do hórreo, inzada de laghartos sempre no vran.

A min ghústanme. Ighual q me ghustan as vellas con katiuskas e pañoleta, ou os vellos con tenis e chapeu. Ou os cativos cos xeonllos sfolados, os dentes revirados e o pantalón enlamado. Ou as orquestras baratas con cantantes borrachonas, as pistas bacheadas sen puta polizía, os futbolíns coxos das tavernas merdentas, ou aqeles rallys adolessentes co sentovintesete dado d baixa do tío Pucho. Ou os polvos rápidos de corredoira e os condóns prendidos polas silveiras. E fumar porros no parqe eólico. E os talleres ileghales. E as mulleres q se caghan en dios.

Simplesmentes porque é o noso. E non comprendo conflicto ninkhún ao respecto.

Vienen los señoritos de la siudá i disen: “Oigh, qué cosa más fea! Pongamos n marcha la obscena maqinária de LA LEY y hagamos q la derriben, q stropea el paisaje.” [contar ata des] A ver se vos imos derribar nós os dentes ás hostias, stúpidos! Se non che ghusta non mires, ten aducasión e vai prá túa puta casa e, aló, remexe como che pete. As nosas casas (e, por stensión, o mundo todo) son pra vivirmos nelas. Non pra q veñan os putos pijos tirar afotos de la puesta de sol amás de la chorimada toda. Deixáinos vivir ao noso xeito na nosa terra, putos pijos de mierda!!! Cando veñades axudar, á lus do foque, noite de temporal, a meterlle o braso polo canal até o ombreiro a unha vaca q trae o xato virado, dispois falamos d stilos arqitectónicos e interiorismo, se sodes quen d aturar o cheiro, parvos do carallo!

As scaleiras dentro da casa OCUPAN SPAZIO e SVAEN A CALOR DA COZIÑA!!! É tan difísil d’entender, cona? O ghasói vai moi caro, e a leña hai q’a fender e leva choio, joder! Cando tés q fender un trator de leña prá coziña e máis pró pote das vacas non tés tempo d’andar creticando as casas feas dos dimais, manada de sunormais! Calqera día orghanisamos un comando, deixamos a corte sen atender e ímosvos plantar lume nas vosas urbanisasións de chalés aghobiados, q iso si q é unha cousa bunita, non me tocar o carallo!

O feísmo mola! O feísmo é galeguidade! O feísmo é liberdade! O FEÍSMO É REVOLUSIÓN!!!

Se tanto vos desghusta… non veñades mirar! …e viviremos. Máis tranquilos nós. Máis tempo vós.

Á terra sgrévia q máis ninkhén qixo, á terra q sacharon, bravismas, as mulleres todas da miña rasa dende hai séculos, mefaltediós, non lle hei pór lacitos de colores só porq hoxe as leis as scriban señoritos apoucados, inorantes e maricóns!

RESISTÉNSIA!

Páxina seguinte »