Illas Cíes dende o FachoNatureza, historia e actualidade conforman cada recuncho. Non hai un só lugar que non estea moldeado pola xente de agora ou de antes.
O Morrazo, segundo a páxina web do concello de Moaña, é un topónimo que ten a súa orixe na “antiquísima raíz preindoeuropea, con máis de catro mil anos de antigüidade, “MOR-/MORR-” que tiña a significación de “pedra, monte pedroso”, a mesma que encontramos nas palabras morrillo (grava, pdera miúda), morea (montón), morrena (residuos minerais arrastrados por un glaciar), etc. Esta voz e moi frecuente en toda a toponímia da Europa occidental, e así encontrámo-la, por exemplo, no nome da península bretona de Morbiahn, ou na andaluza de Sierra Morena”.
O propio topónimo de Moaña gardaría moita relación co anterior: “Canto á orixe do topónimo Moaña, tamén ten que ver cos penedos. En concreto, cabería pensar nun étimo “MOLANEAM”, (terreo pedregoso), derivado do latín MOLAM que designaba unha pedra plana e por extensión calquera tipo de pedra. A palabra pervive no léxico para nomear as moas da boca, do muíño ou do canastro e na nosa zona contraíu-se na forma mó”
Un dos topónimos máis interesante do Morrazo é o do Hío. O topónimo, o patrón (San Andrés) e a ubicación da igrexa son moi especiais. O nome máis antigo coñecido deste lugar é Sant André do Yo, que provén e Ulló, en latín oculo ou terreo asulagado e do que proveñen outros nomes como o de Ulla ou Duio, parroquia de Fisterra. A zona eran unhas brañas caracterizadas pola lameira e a aiga que brotaba vizosa entre as pedras da zona, non é o lugar habitual para situar unha capela. O curioso da igrexa do Hío é que non está nun espazo dominante dun val produtivo senón, ao igual de Duio, no camiño dunha rota de peregrinación a un santuario de deuses pagáns (o monte do Facho) e o seu patrón é o mesmo que outro protector dun lugar de peregrinación dos mortos e vivos, o protector dun espazo que, antes do cristianismo, pertencía ao máis alá: San Andrés de Teixido.
A nosa teoría é que unha península dominada polos deuses pagáns (o Hío) preciou para a súa cristianización de asentar dun santuario co cruceiro máis salientable de Galicia para captar aos fieis peregrinos ao santuarios de Donón. Aínda que non é a versión preferida dos entendidos, Dón era un Deus irlandés enterrado nunhas illas envoltas na névoa, o Deus dos mortos. O santuario de Donón está fronte ás illas cíes e o seu camiño de peregrinación aparece interrompido pola irrupción de San Andrés, nunha busca por atraer ese culto aos mortos dunha tradición celta cara ao cristianismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s