Predicción de tempo para Cangas

Citas de mtb dos do morraso e máis aló. Quedadas, plans e información de marchas organizadas.
Atoparás máis información e sobre todo, atoparás a bikers do morraso entrando na última páxina do foro de “Rutas por la península del Morrazo” ou para Moaña en “Seguimento dos raposos” de FOROMTB:
Foro mtb: zona Galicia

Tamén hai un foro específico de mtb no morrazo que fixeron para poder escribir en galego. Fixeron ben, o que pasa é que en foro mtb entéraste de todo, atópaste a todos e cométase todo. Deixo o enlace, utilízano moito os Xabaríns, de Moaña:
Foro morrazo alternativo>
E o Bike ou non Vai, clube Mtb do morrazo ten o seu foro específico onde podes entrar e consultar, escribir, propoñer…. está aberto a quen queira participar.
Foro do Bike ou non Vai

Ou tamén nos queda Portugal. Aquí vai un enlace coas súas rutas oficiais:
Calendario btt de Portugal

Aí vai: fago unha lista das próximas rutas e quedadas. Abaixo en todo están as que xa se fixeron este anos, con algunhas fotos.

PROXIMAS RUTAS

– IV RUTA DEL AGUA BETANZOS 17 de XULLO. Non podemos esquecernos desta ruta clásica. Unha das que teñen recorrido máis bonitos, máis bo rollo, mellor organización e bo gusto na selección de camiños e trialeras. Cando teña información ireina poñendo, por agora un par de enlaces.
IV Ruta da auga en FORO MTB
Enlace ao blog dos caimáns

– 11 de Setembro, como vedes no cartel da ruta do Salmón, hai outra marcha na estrada. A mítica ruta da Rapa da Bestas. 70 quilometrajos ben duros pa ver como che quedou o corpo tra-lo verán. Por desgracia só fun unha vez. Sufrín máis do que disfrutei pero creo que se te sintes forte, hai que contar con esta. A información atópase na páxina web de bikestrada

2011: RUTAAAAAAAAS ACABADAS– (algunhas)

1 de Xaneiro: ruta de aninovo: que mellor que empesar o ano cunha boa subida ao Paralaia. Xuntámonos 8 nunha espectacular mañán sen moito frío faser uns 27 quilómetros pa empesar ben o ano.

16 de Xaneiro: quedada en Vigo. Case 50 velocípedos para percorrer os montes do Galiñeiro e Arruídos. Renunciamos ao Aloia por falta de tempo. Moito frío e vellos coñecidos en pistas con grandes vistas en Vigo, a un pasiño do Morrazo.

19 de Xaneiro: nocturna en Medina del Campo. A lúa chea alumeaba perfectamente as pistas totalmente llanas e desarboradas. Moito ritmo para cubrir en só hora e media máis de 35 quilómetros con 5 apaixoados do plato grande e non deixarte respirar. Non me deu tempo nin a faser unha fotiña hooooo.

22 de Xaneiro: media volta á ría do revés. Uns cracks da bisi e do compañerismo viñeron de Pontevedra e Ourense para que lles propuxésemos unha ruta para comezar a volta á ría. Démolle algún rodeíño pero fixemos que disfrutaran ata Castiñeiras, onde os deixamos seguir á súa bola. Xa chegando á volta, o castronciño do Fchapela rompeu o cuadro da bici dando un saltiño dende o Adro de San Martiño.

27 de Xaneiro: I volta á ría do Ano. Só tres valientes para facer este clásico de largo recorrido. Son máis de 60 quilómetros cun comezo fácil e variado, unha dura subida a Castiñeiras e un final divertido e bonito. Chegamos enteiros, chegamos puntuais e chegamos alegres de rodear unha vez máis a ría de Vigo e falando de novos retos para o futuro.

30 de Xaneiro: marcha das Rosquillas en Ponteareas, organizada polo CC Picaraña. Teñen un muntón de fotos en http://www.adcpicarana.com
Esta marcha soe ser de nivel medio e con baixadas moi emocionantes, nalgunha poida que se pasen de dificultade. Reuniu a máis de 1100 bikers e 200 senderistas nunha ruta variada, asequible e divertida. A papatoria final de carne ao caldeiro e chuleta á brasa foi de luxo.

– O domingo 6 de Febreiro quedamos en Cangas. Saímos uns 25 para que Roqueponte nos ensinase unha proposta para marcha deste ano. Dura subida a Hermelo, Paralaia e longa baixada ata cerca de Cela. Volta por muíños de Bueu e Montecarrasco. Eu aposto por unha subida máis suave pero no resto… ten boa pinta.

13 de Febreiro: e ó final quedei en Cangas. Acojonado, cun día tan complicado polo tempo, preferín ir ao seguro e non quedar cos de Bertamiráns. Caeu a de Dios durante toda a mañán pero fomos 7 valientes en ruta. Tuchis fixo unha proposta dura, técnica e húmida ensinándonos un par de alternativas de baixada pola zona do Paralaia la mar de sabrosas.

27 de Febreiro. Este día hai ruta en Vedra, no bonito val do Ulla: é a marcha da Camelia, que ademais é gratis. Parece que é organizada polo concello e non por un clube. Isto fai que sexa máis barato pero conte con menos garantías para ser o tipo de marchas técnicas, duras e divertidas que nos gustan. Os meus temores confirmáronse xa que a ruta foi pistera, rápida e monótona. A miña esperanza, de longos tramos pegados ao río non se confirmou, non creo que repita.
Enlace á información da ruta de Vedra

20 de Marzo Para este día tivemos unha alternativa lúdico festiva en Salceda de Caselas. O CC Aragonta, con motivo da festa do Xabarín, organiza unha Kedada duns 25 quilómetros. Son un clube de xente maja, ben organizada e con gusto polas rutas técnicas e variadas…. así que fomos. O día foi espectacular. Unha marcha variada e divertida que contou con moitas, variadas e técnicas baixadas. Unha gran selección que fixo as ledicias ds máis tolos do mtb, entre os que me inclúo. Por se isto fora pouco, rematamos a festa cun delicioso e abundante plato de xabarín con patacas e arros, unha aventura sensacional.
Enlace á páxina de CC Aragonta

– 1ª nocturna da primavera foi o 1 de Abril. A convocatoria xuntou a dez atrevidos e o resultado está aquí: Crónica da 1ª nocturna de primavera

DOMINGO dia 03 de ABRIL Marcha do Faro de Budiño na parroquia de SAN SALVADOR DE BUDIÑO, concello de O PORRIÑO.
Grandísima ruta. Os organizadores fixeron un gran esforzo para encher a ruta de interminables carreiros e divertidas trialeras. A ruta estivo ben en xeral e non foi moi dura pero merece especial recoñecemento a cantidade de carreiros llanos pola beira das fincas que fixeron que fose realmente especial. Moitos incidentes entre os compañeiros do clube por caídas e ata unha rotura de cuadro. Un excelente percorrido para repetir con menos xente e gozar dos camiños estreitos e baixadas espectaculares de todo o percorrido.
A papatoria de lacón con grelos estivo ben pero non é algo para afrontar de pé. Excelente marcha moi recomendable. Aquí estou lanzándome sobre a trialera. Primeira marcha en corto da tempada, a primavera está aquí!
Colgaron un güevo de fotos moi boas: enlace ás fotos

– 10 de Abril: e por fin fíxose o percorrido definitivo da marcha deste ano. Gracias á inspiración dos amigos de San Roque atopouse unha fenomenal alternativa para volver dende Aldán. A ruta ten boas baixadas, vistas incribles e moito tempo pegado á costa, co cal queda pechado o percorrido, que queda tal que así de rompepernas:

15 de Abril en Cangas, organizamos a segunda ruta nocturna da primavera. Locura de ruta, teño algunhas fotos e crónica aquí.

17 de Abril en Brión, marcha organizada polos Esfola-Arrós. Rutazaaaa, dura e divertida. Unhas vistas impresionantes e a primeira na que pasamos algo de calor. A crónica e fotos están aquí.

6 de Maio: 3ª nocturna da primavera. Foi unha ruta moi gratificante. Un grupo pequeno e animado para facer unha ruta moi técnica, tanto na subida como a baixada. Polo medio disfrutamos dunha parada na taberna da Cruz, en Hermelo, onde disfrutamos de boa cea e parrafada. A baixada foi irrepetible: porque non creo que sexamos capaces nin debamos convencer a ninguén para baixar o Bimbón de noite. Iso si, aí quedou a declaración de Tuchis: “Imos facer historia sendo os primeiros en baixar o Bimbón de noite”.

8 de Maio. Este finde tamén houbo ruta, neste caso a II marcha do mexilón, en Vilagarcía, de 37 km. A ruta recordoume moito, demasiado, á do ano anterior. E houbo algún que coñece a zona que me dixo que é o que hai, e nada máis. Interminables pisteos rodeados de infinitos e xóvenes eucalipatais. Zonas arrasadas por lumes estacionais e vistas espectaculares da ría de Arousa ao lado dos zumbantes eólicos. Nas zonas de piñeiros, pouco abundantes, meteron algunha trialera lenta moi interesante. A mexilloada final estivo moi ben pero…. e só dúas marchas xa aburrín a zona.
Enlace á información da marcha do Mexilón

O domingo 5 de Xuño o VI MEMORIAL MANUEL SANTOS. Marcha cicloturista de montaña organizada polo clube Bike ou non Vai, de Cangas de Morrazo. Todo un éxito de participación, así que vos deixo o enlace da crónica e a nova do Faro de Vigo.
Nova do Memorial Manuel Santos 2011 no Faro de Vigo
Enlace á crónica do Memorial Manuel Santos 2011
Blog do memorial Manuel Santos

12 de Xuño V Marcha btt do concello de Mos. Esta tarde prometo faser unha pequena crónica: ruta moi recomendable.
Enlace no foro mtb
Enlace ás inscricións e información

2 Respostas to “Mtb no morrazo e máis”

  1. WALLY Says:

    faltan as salidas nocturnas no teu bloq , pero refírome as de bicicleta .

  2. Marajota Says:

    stou reorjanisando isto pa que me sexa maís fasil de actualisar e a vós de entender

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s